O Fin.

domingo 17 febreiro 2019

Unha noite rara,

os ollos ábrenseme

e queren parecer ver choiva,

e realmente sinto a choiva.

Escoito berros, difamacións

non sei que carallo é,

diría que estou soñando

ou realmente estou desperto.

Amañezo coma sempre, auga

que me refresca,

despertar que non me atormenta,

encubro os silencios da noite.

A rúa volvese silenciosa

e misteriosa, semáforos que

que bailan cos cores, coches que rúan

mirando pra os aledaños de que non pasen.

Tomo o café e escoito a fala

miúda tormenta esta noite

pois o sono me calou, porque

non sentín a festa dos carros.

Ledicia…. os cordóns sustentan

o eslavón que emerxe do Rapikoque,

creaches unha vida sinxela

que protexe o legado dun futuro certo.