Interseccionalidade....

venres 08 marzo 2019

O reloxo preme a marcha

do fogo, regresionando da lateralidade

das circunstancias da vida, honores

de carallo mataban a virtude da vida.

Os congresos repartían ostias

que reinaban o despertar da xente

comandados polo escurantismo da

escura bandeira da intolerancia negativa.

O sol repoñía os reversados dipolos

de inimizade que cubría o universo

xunto coa lúa que desposuía da amizade o sol,

por cargas que enfrontaban a mordedura da serpe.

Os eloxios repartidos en aplausos

polo universo, descentraban a uns

fillos de deus, que amasaban fortunas

a base de mortes dos seus irmáns.

Os levantamentos das mans en circunstancias

imperfectas, de sustancias trasladadas

nos órganos de animais adscritos a natureza

envolvían o carácter de amizade do universo.

Ledicia…. orientarse en formacións secretas

non é un porvir de sinceridade e respecto

senón é escabullarse outra vez nunha barbarie

que enfrasca os sentidos e remata en cero.