wunu viral....

mércores 24 xullo 2019

Penso, pensas, pensamos, pensan

coma a guitarra soa sobre o corpo

da humildade , da dignidade, que

nos pariu sobre esta terra.

Insisto que me devoras  con eses

beizos, visuais, coma a ledicia

do día, encubrira meu curazón

con doses de bicos, que limpan todo.

Xa non atopo, xa non descorro

os silenzos dos imbeciles, e escuros

que lamairaban todo tipo de envexas

sobre mentes humanas  da natureza.

Estas traballando dende un mundo

novo, había que chegar a cima, pra

poder entrar nun mundo pasado,

borrámolo e a empezar unha vida da nosa.

Ledicia…. xa non soan as campas

coma soaban, soan cun son

musical  da liberdade que despreza

o pasado, e enturba mentes cadradas.