Liberación del eclecticismo

xoves 12 setembro 2019

Non sei, emerxes

da solidez do día

da beleza do serán

e dos sentimentos da noite.

O sentir que persiste

cando se fai soño a fala

e pensas por ti mesma

sen que eu che dirixa os sol.

A diplomatura que silenza

os abusos escritos e descritos

polos estándares impostos por

mesas retorcidas das pragas taurinas.

Mingua  o colorido da pantalla

que fala do sentir dos Pobos

que buscan a liberdade dentro

de panoramas fora do contesto inhumano.

Ledicia…. cada vez me sinto

mais cerca da túa presenza

que evoluciona coma min

escoitando as crases de aprendizaxe.