clip de respeto mutuo....!!!!

martes 05 novembro 2019

Temos o estado do estar

e non estar en ningures

que se forxe a realidade

de vosa imaxe visíbel ao mar.

Os teus delatan corrupción

no sistema, que nos serve nos aledaños

da sen razón, emblema dos silenzos

que amamos Rapikocando no interior do iris.

Esta vez corrixín os meus

silenzos, que amoblaban  os caixóns

do sentidiño común, repelendo o negativismo

que inflan os regocixos do mundo.

Outros, pola contra, da porta

recollen os agasallos, que se perden,

non se sabe en que baño se van choupar

na piscina dos billetes ennegrecidos.

Ledicia…. a selva non ten culpa

de que mentes obtusas fagan do lume

a ignorancia do pobre que súa saída

sexa destruírse a si mesmo.