forza.....!!!!!

martes 04 febreiro 2020

No Cabo de Gata

atopei a inspiración

coma para tecer unha

tela de “araña”que “florecía”.

Mirando pola ventá

e pensando cousas bulidas

pra un Rapikoque,

vexo coma tece unha araña.

Vas mirando coma fan

e vas vendo coma tecen

pra súa alimentación.

Escoitas os pensamentos,

de toda a vida, e son coma

si estiveramos tecendo

un gran circulo pra buscar a felicidade.

Ledicia…. en distintos lugares fomos

tecendo nosas vidas,  marcadas

por nosas historias, que si o soño

esperta xa os días felices soan.