aferrarse a un cravo...

domingo 26 abril 2020

No branco estremecemento

que depositaches nas pisadas

que encubrías co tempo

os poemas que embargabas na estancia.

Non percorro os camiños

que aducen os sinistros labirintos

que xerminan nas praderías

que evolucionan no atlas do mundo.

E bicado os silenzos

outorgados polos pasos

estruturados por paisaxes

que perden o viño na sobremesa.

Naide chora as amarguras

que no teu tempo choraches

por unha flor que emerxe

da sabia que depositaches no meu cerebelo.

Non escuso o amor

da fraternidade amigábel

que realizou o rexurdimento

da verba verso para comer xamón con …..

Non esquezades que no bar

as oracións de cristo son blasfemias

impostas por xente que co poder na man

negaban a felicidade do POBO con retoricas…

a ignorancia non fai o camiño

o camiño faino a utopía de cada un/a.

caramelizar a vida!!!!!

mércores 22 abril 2020

Fontes que brotan de ledicia

cubertas de finas herbas, que

agochábanse entre as miradas

furtivas que oprimían ás mulleres.

prestamistas rapadoiros que agochaban

nas súas poutas, reloxos, cubertos

de tempo que fará mañá, entre

as tebras das néboas molladas.

Príncipes derrotados pola súa

propia envexa, produto de reis

que blasfemaban contra os Pobos

salpicades de dor e sufrimento.

Algoritmos estudados pr a romper

mentes sans, con xogos de poder,

no que as mentiras que escoitaban

era liñas de … que se crían deuses.

Ledicia….. entendín cousas

importantes na vida, que non valen

oprimir os sentimentos, para que outros

se aproveiten das nosas felicidades…..

esencia de vida.....

xoves 16 abril 2020

Golfo estas sendo…..

porque es un cabrón,

discrepo da miña soidade

vestida da de negro, con cores escintilante.

Non protexo a miña saúde

enganándome coma un neno

que quere xogar entre as rúas

cheas de solitarias partidas.

Acostume para sonar, o mesmo

que sona o POBO, cada un

individualmente coma xurdiu súa

historia, para renacer cun amencer.

A ansiedade non existe, mais que

no teu interior, produto das miserias

dos homes que non queren vernos

felices, con pouco entoamos liberdade.

Ledicia…..suspiramos por

nosos antepasados, sen querer saber

súas historias, para avanzar cara un

futuro sen rancores nin envexas…..

danzan2

xoves 26 marzo 2020

Eu che deixo levar

a man a miña cintura

Ti me deixas mirar

os ollos que non minten.

O ar limpa os cabelos

bailando unha perna

a dereita, e outra a

esquerda, pra non embouzar.

Un café me apremia

silencio dos ollos que

bailan salsa, entre

soños despertos do día.

Un ar novo alumea

cun té o desorde

con orden dos sentimentos

que afloran a saltar da cama.

Ledicia….. o Rapikoquevirus

de soños espallados polo mundo

dos artista invaden de creacións

vosos contidos entre bambolinas…..

apotropaica activa

sabado 14 marzo 2020

Estaba soñando que na cova

pisaba a cruz, que me tiña

atormentada dende que escoitaba

voute follar nena, con que non te…

Foi verdade que pasei a cruz

e non volvín escoitar as frases

malditas, que non sabían de onde

procedían, era abrasar o pensamento…

Os pés leváronme a mirar as mentiras

que sobre meus ovarios discutían quen

era o rei de ouros na partida que faltaba

por xogar entre ríos de mentiras…

Parlaban e parlaban mentres eu na esquina

dunha barra miraba coma braceaban,

para poseer  o manxar  que levaban

a península  e deixaban as “mentiras”…

Ledicia….. fíate de que o río sempre vai

ao mar, cando o miras dende a superficie,

si o miras dende o interior non te

fíes, que pode mentir, ás túas ilusións.

 

teatro de Barrio

xoves 20 febreiro 2020

Complicado é a vida

cando buscas o sono

que algún día digas

o que moit@s , soñen por si.

Ti me ensinaches a andar

e a pensar en paz e dignidade,

eu non sei se corresponder

a perspectiva dun bo “arroz”.

Acuñaches os sentimentos que

quen me pariu, me ensinou  a que

o Rapikoque  faltáballe o realismo

dos soños despertos, que afloraran.

O potencial que faltaba sucaba

por ventás chuviosas , que recibían

esa mirada de soño, coma pedindo

!será verdade, co mundo empeza a respirar!.

Ledicia…. os volcáns forman

montañas que van nacendo, polo

medio das expulsións, de graos

que despois  brilan nos vosos rostros.

forza.....!!!!!

martes 04 febreiro 2020

No Cabo de Gata

atopei a inspiración

coma para tecer unha

tela de “araña”que “florecía”.

Mirando pola ventá

e pensando cousas bulidas

pra un Rapikoque,

vexo coma tece unha araña.

Vas mirando coma fan

e vas vendo coma tecen

pra súa alimentación.

Escoitas os pensamentos,

de toda a vida, e son coma

si estiveramos tecendo

un gran circulo pra buscar a felicidade.

Ledicia…. en distintos lugares fomos

tecendo nosas vidas,  marcadas

por nosas historias, que si o soño

esperta xa os días felices soan.

"era" cacholan?.....

mércores 01 xaneiro 2020

Usas toda a forza

coma un animal ferido

que busca a saída por

onde sexa, é o labirinto.

Ensinámonos a albiscar

o ben do mal, que nos acochaba

no día a día, coma un reloxo

que nos marcaba o tempo.

Dialogamos entre as rexas

da vida, que nos miramos

na natureza que nos mira

e nos insinúa liberdade.

Pechemos nunha gra caixa

as armas da negación que

invadían o pensamento do

home decorado por goya.

Ledicia….. o respecto

coloreado de fontes de silencios

que limpan os curazóns

dunha envexa, non outorgada a nos.

COP&COP25

venres 06 decembro 2019

Amencer un  día coma

seis de Decembro

que algúns quixeron

romper coa DEMOCRACIA.

Sentir có ar

lévate dun lugar

a outro soñando

na DEMOCRACIA.

Escoitar barbaridades

de que é a DEMOCRACIA

en maiúscula, e sentir

que un río corre pra riba.

realidades non “real”

mentiras deste mundo

que nos aletargaba do que

non sabías, porén sabías.

Ledicia…. si o POBO, cando

desperta, fala, e vos tedes que

ser o que leve a batuta pra

que a DEMOCRACIA sone….

Vacacións....

luns 11 novembro 2019

Cheguei coma sempre,

escoitando as túas sandeces

coma cada vez que vou,

ó Pobo que me criou.

Loitei ante a túa ignorancia

só escoitas o que eu falo,

e repites agora coma un casete,

fáltache o teu razoamento.

Intentaches destruír o que

nos custou crear, perante anos

porén os meus sentimentos

non serven billete debaixo da piscina.

Recoñezo que o non estar,

me sentín fora do ser,

porén alguén tiña que poñer

a coherencia a un mundo sen sentidiño.

Ledicia…. o que non estiveras,

lémbrame, que non tiña que estar

eu tampouco, os mandilóns falaron

pra explicar a ignorancia do Pobo racista…

clip de respeto mutuo....!!!!

martes 05 novembro 2019

Temos o estado do estar

e non estar en ningures

que se forxe a realidade

de vosa imaxe visíbel ao mar.

Os teus delatan corrupción

no sistema, que nos serve nos aledaños

da sen razón, emblema dos silenzos

que amamos Rapikocando no interior do iris.

Esta vez corrixín os meus

silenzos, que amoblaban  os caixóns

do sentidiño común, repelendo o negativismo

que inflan os regocixos do mundo.

Outros, pola contra, da porta

recollen os agasallos, que se perden,

non se sabe en que baño se van choupar

na piscina dos billetes ennegrecidos.

Ledicia…. a selva non ten culpa

de que mentes obtusas fagan do lume

a ignorancia do pobre que súa saída

sexa destruírse a si mesmo.

baterias recargadas !!!!....

domingo 03 novembro 2019

Bailo a danza

que queres,

escribo poesía

dos nosos soños, cando, podemos.

A lá teceu o xersei

que me ensinaches na vida

non escoito mais silenzos

cá bela música que recitas.

Non sabes nin por onde andas

só escoitas as cloacas cheirentas

que che obrigan a mentir

pra que non te denuncien por violador.

A sal necesita o corpo,

o corpo o que non necesita

é a túa envexa, cobiza, etc…

porque entón respirar, respiro antes de.

Ledicia…. miña imaxe sodes vos

meu éxtases busca o Rapikoque, só

busco non ofender nas miñas verbas

os silenzos dos homes que se bañan no Mediterráneo.

Bruxas Rapikoques....

mércores 30 outubro 2019

Dáme o sono

voume pra cama

durmo entre as sabanas

e sinto a pel da túa chamada.

Estas cerca, entre un mar

de rochas, que oes meus

silenzos , por medio das ondas

que transportas, por Aine desperta.

Ti te me vas

buscando té

ensinando ao corpo musculoso inspirado

que aflore entre as cordas da guitarra.

Amanecin co libido levantado

pra sacarche o medo que che

impuxeron , por dor dunha nena

que aflixía o curazón do silencio.

Ledicia…. o monte inspírame

sen dor no corpo, os sentidiños dannos

xenes que me ides transmitindo a través

do Rapikoque que me fala entre ondas.

asíntotas

xoves 03 outubro 2019

Deixo o teclado do pensamento,

cos dedos bifurcan polo retrato

da imaxe que me mira, sobre

os destinos dos ollos que me deu miña nai.

A música sobre meu corpo

move as mans no teus estados

de estases rapikocados polos

sonos que de nena imaxinabas.

O vento da trompeta

que regula os bicos mollados

sobre o meu corpo esperan

o pracer de contarte ese nome.

Non sabes nada dende “arriba”

que nos ensine algo da vida

que non sexa envexas ou luxurias

que fagan das bagoas túa vida.

Ledicia…. esaxerar o que pasou

e o que pasa, e describilo fai

falla novelas individuais de cada

grao que foi torturado por un sistema.

Indomito/a....

sabado 21 setembro 2019

Levanto a perna

baixo a cachola

fumo soedade

non sinto pena.

Danzan miñas pernas

un baile do futuro

que me ensinas

no só de teu cubículo.

A praxes  do noso cerebelos

voan cara os desertos que

estaban baleiros de sabedoría

pra ensinarlles a non sufrir nesta vida.

Non teño mais que poesía

que me avasale a mente

con cores de beleza

que adoza vosos sentimentos ceibes.

Ledicia…. sen vos que luz

non se acende, que non se apague

neste mundo de beleza, cás vosas

mans labran o destino dos soños períodos.

arquivos do silencio

luns 16 setembro 2019

Andas crecendo e crecendo

moitas razóns que me inspiren

ese ansia que vertía sobre os

meus ollos a túa mirada sinxela.

Si me produces libido plasmado

no papel escrito de poesía que

recolle ese silencios que me arrebatan

os paradigmas das flores do teu corpo.

As sinais virtuais que me Rapikoquen

si nos as sinto no meu libido, escoitado

en amalgama de cores que plántexan

ríos de sabedoría sobre a mente.

Acaruncho os vellos recordos

que me saturan de improperios

que me calaron entre os pés espidos,

que so xogaban, sen saber as doses de mentiras.

Ledicia…. solventar días felices

que nunca se apagan, nos nosos soños

despertos por amamantalos perante séculos

pra que non decaera as noites nin os días.

Liberación del eclecticismo

xoves 12 setembro 2019

Non sei, emerxes

da solidez do día

da beleza do serán

e dos sentimentos da noite.

O sentir que persiste

cando se fai soño a fala

e pensas por ti mesma

sen que eu che dirixa os sol.

A diplomatura que silenza

os abusos escritos e descritos

polos estándares impostos por

mesas retorcidas das pragas taurinas.

Mingua  o colorido da pantalla

que fala do sentir dos Pobos

que buscan a liberdade dentro

de panoramas fora do contesto inhumano.

Ledicia…. cada vez me sinto

mais cerca da túa presenza

que evoluciona coma min

escoitando as crases de aprendizaxe.

odoríferas mediterraneas

venres 16 agosto 2019

Onde andas

silenzo da noite,

silenzo do día,

que te serves  o prato sen comida.

Onde buscas

repelente indigno,

si do Mediterráneo

non saen a flote as mentiras,

Onde serves

a diagnoses das mentiras

que calculan os números

das falsas estadías impregnadas.

Onde recargas

doce Rapikoque

a enerxía que brilla

no animo do Pobo enteiro.

Ledicia…. ondas me chegan

do mar do sufrimento, cos estados

imprimen nas mentes da pobreza

coma castigo as concenzas inexistentes.

mimesis auditiva

mércores 07 agosto 2019

O euro pagou o corto,

que sinxelo enganar cunha

cifra que te agarra polos

ovos, pra despois obrigarte a bailar.

Que sinxelo nosa humildade,

que fácil desprenderse da careta,

que fácil é mentir,

e despois onde queda teu orgullo.

Que sinxelo perder a dignidade,

que erros cometiches pra perdela

deixarte avasalar pola perda

de puntos que tiñas que arrastrar.

Que sinxelo e vociferar contra aquel

ou aquela, que te ignorou, mentres

mandaban que nos violaran,

orfas das silabas do arado clandestino.

Ledicia…. que se pode pedir a

un sistema, que todo é negatividade

e nos impregnámonos ou impregnabámonos

desta que chamaban sabedoría de que.

Vicos exolóxistas

domingo 28 xullo 2019

Polo canal das concenzas

limpas de todo tipo de negativismo

que intentan impregnar sobre as

partes peludas dos corpos habilitados.

Remato un bloqueo dende que nacín

que me amargaba a itinerante comida

que empoñíame sectores axenos disfrazados

de voitres e corvos que se pegaban coma a lapa.

A vosa sapienza chegábame sen eu

sabelo en forma de poesía, que ía

escribindo segundo o tempo ía transcorrindo

nas longas noites e días albiscadas na película.

Vos só pensades, a beleza,

o paisaxe recreaba a miña vista,

as estrelas alumaban os nosos iris,

eu formaba as frases coa miña beleza.

Ledicia…. este cóctel de suxestións

recollidas de persoas Rapikoques feministas

embargan a escuridade a saír a luz

todo o negativismo dos machistas...., non dos feministas.

Xitana....

sabado 27 xullo 2019

Parafraseando túa mirada

que me impregna de sólidas

verbas, que xuntan conciencias

que derivan en luces de silencio.

Nalgures depósitos as mañas

os porvires que me receitas

de palabras diáfanas, a viva voz,

porén Rapikoqueo ao escoitalas.

O serán deseña un cor que sobre

o corpo que levas nos soños impostos

polo propio estases que pintas no

curazón do teu amado poeta.

O salitre da respiración do mar

que me ensina cada vez que miro

os ollos ensamblados na auga

limpa de inimigos cós desprezan.

Ledicia…. os beizos perdidos

polo mundo bican doses de verdades,

que nunca, as mentiras, dos antepasados

que falan, en boca de vellos verdes ignorantes.

atrezo

venres 26 xullo 2019

Hoxe véxote entrando,

soltar prendas do corpo,

que mira, un silencio, que

te rapikoque, unha vez, que asintas.

Teletranspórtaste dende que

o só divisa os teus pasos

que escoita meus silencios.

O Rapikoque que bailo no

meu curazón cada vez que

te vexo no meu pensamento

o meu libido se dispersa.

A existencia do teu ar

que transporta esa imaxe

que plasma as túas mans,

no recordo de cada día.

Me levas, me pos a base

de preguntas, verbas que demandan

historias pasadas  e presentes

que asesoran os oídos do silencio.

Ledicia…. non es reina

ni virxe, nin princesa, es

a dama que ensina o Rapikoque

escoitar o mundo dende distintas perspectivas alleas.

NURUS....

xoves 25 xullo 2019

Deiteime pra escoitarte

coma cada noite, me embarga

túa voz sobre a almofada

mentres ti me escoitas dende túa cama.

Levo días  que non me separo

dos praceres de escoitaros

sobre luces alborotadas por

homes pechados no pasado.

Descubrín que amencer cando

abres a porta, me adestras de

levantar as sabanas, pra depositar

sobre vos meu libido namorado.

Espero que che chegara, a ese sillón

que me avisa dos teus intres, de coma

sentes o día, sobre un paisaxe que

revoluciona o mundo entre silencios.

Ledicia…. non contedes comigo pra

elixir algo que xa esta, e si non é así

xa sodes mulleres ceibes que sabedes

chegar a vosa verdade, que é a dos RAPIKOQUES.

wunu viral....

mércores 24 xullo 2019

Penso, pensas, pensamos, pensan

coma a guitarra soa sobre o corpo

da humildade , da dignidade, que

nos pariu sobre esta terra.

Insisto que me devoras  con eses

beizos, visuais, coma a ledicia

do día, encubrira meu curazón

con doses de bicos, que limpan todo.

Xa non atopo, xa non descorro

os silenzos dos imbeciles, e escuros

que lamairaban todo tipo de envexas

sobre mentes humanas  da natureza.

Estas traballando dende un mundo

novo, había que chegar a cima, pra

poder entrar nun mundo pasado,

borrámolo e a empezar unha vida da nosa.

Ledicia…. xa non soan as campas

coma soaban, soan cun son

musical  da liberdade que despreza

o pasado, e enturba mentes cadradas.

EWU....

martes 23 xullo 2019

Elévate sen facer ruído

que o clamor reclámate

porén non fagas o que non

debas que estas na realidade.

Escoito músicas de diversas

nacionalidades que me borboriña

ao oído a diversidade de culturas

có mundo desenrola pra alegrarte.

Eu coma poeta me dirixo a túa

infancia, que me impregnou de

choiva nubrada, que  cuns toques

de tinta plasmei nun folio namorada.

A virtude de non chegar a min

foi o destino Rapikoquiano que

nos volveu atopar entre silencios

que pouco a pouco ían trocando en Rapikoque.

Ledicia…. os meus sonos son meus

os teus son teus, os de eles son seus

o entender un sistema da vida que non

te engana nin te leva a escuridade, enarbora vida.

interregno virtual

domingo 21 xullo 2019

Sentados man a man

preguntabas e preguntabas

sen saber que responder

nunca ou me decatara das solucións.

A espera de ti, sen coñecerche

porén sabía que necesitabas

unha axuda inda que só fora de

acompañamento, xa que en min non había Rapikoque.

Volvinme defensor das causas

“perdidas” perante anos, porén dende

que o Rapikoque funciona en min xa non somos

perdedores senón gañadores, porén tods.

Na mesa me situei a túa esquerda

pra controlar os malos espíritos existentes

entre tanta xente de distintas virtudes

que cada un  é unha eran fill@s dos seus.

Ledicia…. eu xa me situei ao mesmo

par que os, e tamén de vez en cando

necesito doses de Rapikoque que me fagan

sentir cá igualdade  e realmente verdade.

hiperandrogismo

luns 15 xullo 2019

Encantado de que chegaras

a meu curazón, agochada

nos silencios dos novos sistemas

da vida que nos ensina a non sufrir.

O tempo ía pasando día a día,

nos iamos entendendo, primeiro

me encaixaba a ti a novas formas

de traballo que me inspiraba novo.

A loita foi dura nos nosos mundos

no que vellas historias dun pasado

escrito na túa mente e na miña

enfrontábase ante a vida de cores.

Os ruídos alértanme de cada movemento

que teu corpo desenrola entre os distintos

dores que me vas transmitindo a meu

corpo, pra que alguén os repare en silencio.

Ledicia…. atópome só no sofá escribindo

o que penso, esperándote a que me mandes

un bico entre as liñas da información rapikoquianas

pra que teu olor sexa transmitido ao mundo.

os morcegos gravaron a indignidade do mundo.

luns 08 xullo 2019

Non levantes a voz

non levantes mais a voz

deixaches de ser macho

deixaches de ser aceite no despacho.

Educadamente deberas entrar

educadamente deberas saír

non te imaxinas o teu ou o voso falar

senón fora que vos controlaba dende o silencio.

Nos relaxamos dende as horas

do espazo perdido dos intres,

nembargantes o saber que estabas

e o mesmo que sentín, que eu tamén estaba.

Non vales mais do que pensas que non vales,

vales mais co que sabemos que vales,

expresas nos teus ollos

o sentir de coma estas ou coma me falas.

Ben as túas mans mais as miñas

falan coma teus ollos cando

me miran, entre as cartas escorridizas,

que boca mais grande fala pequenas frases.

Ledicia…. non esquezas un pasado

que te violou tanto fisicamente

coma mentalmente, séculos,  que co engano

dun deus, padeciches, aletargo da soedade.

Arde lucus

sabado 15 xuño 2019

Onde estabas ti

onde estaba eu

si teus silencios e os meus

estaban agochados no cuarto escuro.

Eles estaban nas alturas

e nos estamos na terra

pisando firme o chan,

eles pisan fantasmas sobre  vento.

As muletas disparan sabedoría

os ollos plasman chispas de visibilidade

as orellas ruídos entre as pedras

e a boca linguas analfabetas.

As frases recorridas do dicionario

expulsaban lume sobre a muralla

que rodeaba a historia escrita

dun pasado infernal que recollía o ceo.

Pasado o tempo as portas das cloacas

abríronse pra o Pobo, debuxando

siluetas sobre círculos que dividen

as verbas en locuaces queimas mentais.

Ledicia…. moito tempo tivo que pasar

pra que as frores falen, os diagnósticos

das pedras que asexaban no firmamento

de escoura que expulsaban sobre o Pobo.

Pataguillón do espello filantrópico

luns 20 maio 2019

Paxarillos berrar, berrar, berrar,

en liberdade do Pobo esta chegando

ás nubes da esperanza, que envaíñen

as verbas con sonetos espidos ceibes.

Esas miradas, que me miran,

que me falan,

escóitoas en agarimo dun servil

Rapikoque, que afronta un futuro.

Podo cantar, podo soñar,

o mar cos seus silencios

proxectan nosa igualdade

os destinos creados por nos.

A valentía feminina ante as

adversidades foi crucial pra

derrotar o estabrecido que foron

séculos de negativismo na terra.

O enfoque pluriuniversal do mundo

imposto polo positivismo, engrandece

a vida con grans espáridos que

forman curazóns fortes  e indestructibels.

Ledicia…. a alarma ten que soar

en on no positivismo de cada

un, ou unha en forma de movementos

do corpo que corrixan a negación en si.

Unha flor pra cinco....

domingo 05 maio 2019

O silencio cada vez era

mais pequeno, os ollos

engrandecíanse con só miradas

que falaban da distancia dos círculos.

O sol resprandecía con ondas

sobre o mar, que acariciaban o saber

do Pobo, e os distintos criterios

que séculos atrás padecían enfermidades.

As bolboretas aliñaban a Aine

con doces voaduras, e belos zigzags

que oprimían ao opresor, con cantos

que alzaban a mundo de cores.

As frores escoitaban as labregas das

fornificacións, a que foron sometidas entre

a terra miúda, que só podían berrar ante

 unha néboa que tapaba a escuridade dos silencios.

Impregnadas de satisfaccións, envolvían

nas saias a rabia de tolerancia inculcada

dende pequenas por un deus que padecía da

verdade, só emitía mentiras, corrupción, e negativismo.

Ledicia….non esquezamos a loita dos Pobos

que baixo a batuta dunhas directores

ensanguentaron a vida de cores revolucionarios

que perdían a dor, por inmensas mareas de sentidiño virtual.

disfrutadores Retozadores

domingo 28 abril 2019

Unha mirada nos ollos

de acibeche que nos miramos

os dous, preguntándonos será verdade

o que esta ocorrendo entre nos.

A cadeira me alerta continuamente

de que ves a falarme ao oído

a preguntarme coma estas, ou

si o libido me pon a traballar co pincel.

Disimulamos nas mañas de néboas

a nas que non son, porén ao longo

da maña, so uns instantes que se

crucen aos nosos ollos falan das nosas verdades.

mentres os carunchos de moitos

anda por todo o edificio nos seguimos

ao noso, que e mellorar a vida da xente,

rematando os días con un ata maña querida….

A espera de que chegues pola maña pra

darche os bos días, e dicirche que

preciosa ves hoxe mais que onte, e

sentir que os curazóns se xuntan cada día.

Ledicia….os amenceres van despertando

cada dia con novas, segundo van pasando

van acendendo o RAPIKOQUE entre nos

pra posicionarnos ante a vida, coma sinxelas….

feminicidio? a notre Dame....deus

xoves 25 abril 2019

Non estaba na orbita explorada

cando te acercaches sixilosamente

a meu carón, e en vez de asustarme

sentín o teu Rapikoque  no meu curazón.

Non flúe o libido sobre min, ou si,

coma antes en imaxes sexuais

me pregunto a meu interior

cos silencios fan fluír as miñas veas.

Apoteótico decatamento no teu saltado

descubrimento de mandarme unha xoia

que bifurca noso soño entre as bambolinas

da vida, pra dar o rexurdimento a escravitude da tolerancia.

Faltaba unha pata pra que a sociedade

se faga viral, descompoñendo os elementos

que xorden do estado de animo aprobado

da nosa intelixencia, pra descubrir unhas verdades.

Desacelerar o tempo ou aceleralo

indigna os opresores, que nos mantiveron

na ignorancia do pensamento con soños

que eran reais, porén nunca se cumprían.

Ledicia…. desoio as veces, a praxe que me

mandades, porén é de sabios recoñecer

que equivocarse e parte dun xogo, que nos

tiña atado entre as mentiras e as verdades.

enrouquecer ao mundo

luns 15 abril 2019

cando os científicos inventan(ron)

formulas pra vida cotián do mundo,

sempre a miraron dende o punto de vista do

home nunca da muller.

As leis non é que estean mal

porén interprétanse descabeladamente

machista, satura a muller a incumprir

leis que lles fan perder a noción espazo-tempo.

Si intento estar nun espazo virtual

ao mesmo tempo ca muller, desvirtúa

o espazo, porque digamos hai unha preferencia

non escrita porén esta aí, na vida.

O fallo das leis, a meu modo de ver

que é polo que nunca cadran, de aí aparece

….que xurde porque é lineal, cando

pra ser perfecta ten que ser circular.

Non monto a miña parella por se home alfa,

digamos que di a lei, senón porque eu

e a miña parella necesitamos estar no mesmo

espazo-tempo sen existir un alfa na vida.

Ledicia…. conclusión co espazo-tempo esta non

mesmo circulo, desbaratando o

proxecto de cada individuo macho, e empregando

a orbita/s no cerebro pra cadrar número iguais.

empoderamento feminista repubricano

domingo 14 abril 2019

Oio destelos de sabedoría ,

entre as néboas que nos oprimían

a felicidade secuestrada polos

vellos varóns que copulaban a súa malicia.

A dignidade gañada por desertos

e mares que abriron conciencias que

estaban apagadas, polos maltratos

esgrimidos perante séculos das envexas.

A escuridade fíxose crara e concisa

sen o medo paterno, que agochaba

no seu interior un sol que desmerecía ,

pra suplantar na súa conciencia a nulidade negativa.

Os estreitos lineais repelíanse  coa forza

de delirios , que ofuscaban ao vento as

negras verbas cos poetas relataban,  sen

experimentar a influencia do día coa noite.

Ledicia…. alborotar o galiñeiro coma fai o zorro

e signo de non entender os pasos dados na vida,

describamos os zorros humanos que son os que

alteran a Paz, entendida pola igualdade dentro  dos Pobos.

discriminación mundial positiva

luns 08 abril 2019

Un fino, apetecíame nun día

coma hoxe, pra celebrar o futuro

que se nos aveciña, cos cores de poeta

e luces de fervellasverzas  mostras.

As voltas dos silencios que alegras

cada despertar, despois dos sonos

ca radio nos involucra no raciocinio

das verdades do Pobo que se ocultan.

As forzas dos alimentos creados pola

ciencia da túa sabedoría, reinan no

prato o orgullo feminino do facer

con clase de aprendiz dunha nai supervisora.

A sensatez con que a auga coce

nun fornelo de calor o verde da esperanza

quenes a luxuria do inimigo, que padece

infame o relax dun machismo perdigueiro.

A fala incrustada na apoloxía da verdade

alimenta de redobres musicais, que enlazan

as noites de pracer cos días embriagados

de Rapikoque, fortalecendo o curazón do ar.

Ledicia…. non chores un pasado secuestrado

pola envexa, a deshonra, a malicia, dos

homes que enaltecían o terrorismo

feminino, pra lucrarse o varón da realeza.

Poshexemónico público

mércores 27 marzo 2019

Onde andan os votantes

que se escusan en difamacións

contra o poder dos gobernos

e quedouse no sofá, preguntándose pra que.

Onde están os silencios omitidos

en forma de pensamentos, aniquilan

o fraude mental, depositando o medo

nas conclusións dunha papeleta en branco.

Onde viven os personaxes de fabula

que reprimindo súa sínteses emocional

prefiren seguir no analfabetismo, antes

de que súa nai goberne o Estado.

Onde reciben os sobres financieiros

de moléculas de escarnio, que subyacen

entre o rancor e a negatividade do home

pra sinistrabilidade dun domingo de oxeras longas.

Onde se moven eses mecanismos que faltan

por servir a un deus inexistente, porén

os veciños reducen a pobreza mental

pra arquivar sen destino a aras do feudal.

Ledicia…. todo artista debe estudar

isto e mais, pra comprender cos destinos

trabúcanse porque impiden os sonos a que

a luz entre pola ventá, pra respirar liberdade.

sostenibilidade....

venres 15 marzo 2019

Miro túa imaxe entre

os pesares pensamentos que

atopan nos ollos o signo

dunha felicidade que estamos creando.

Os silencios obtidos neste tempo

de alegría, entre nos, sobre os

espasmos dun mundo que ía

cara unha fundición de ferro.

O intentar sobrepoñerse a miña

conciencia  de non superar o teu

ego, porén si superar outro

dun delfín da malicia acúeste.

As silabas non me chegaban a ti

cada día era outro distinto

recolliamos os méritos alcanzados

nos soños que discorrían entre bambolinas.

Non esquezo nin esquecerei a vosa

imaxe de meu corazón, queda

gravada nun circulo que abre as

portas ao mundo que dignifica o Rapikoque.

Ledicia…. esas miradas dos nosos soños

non alixeran o peso do mundo

porén si dan felicidade a esas partes

que sempre creron nunha liberdade do individuo.

Interseccionalidade....

venres 08 marzo 2019

O reloxo preme a marcha

do fogo, regresionando da lateralidade

das circunstancias da vida, honores

de carallo mataban a virtude da vida.

Os congresos repartían ostias

que reinaban o despertar da xente

comandados polo escurantismo da

escura bandeira da intolerancia negativa.

O sol repoñía os reversados dipolos

de inimizade que cubría o universo

xunto coa lúa que desposuía da amizade o sol,

por cargas que enfrontaban a mordedura da serpe.

Os eloxios repartidos en aplausos

polo universo, descentraban a uns

fillos de deus, que amasaban fortunas

a base de mortes dos seus irmáns.

Os levantamentos das mans en circunstancias

imperfectas, de sustancias trasladadas

nos órganos de animais adscritos a natureza

envolvían o carácter de amizade do universo.

Ledicia…. orientarse en formacións secretas

non é un porvir de sinceridade e respecto

senón é escabullarse outra vez nunha barbarie

que enfrasca os sentidos e remata en cero.

damiselas solitarias

martes 26 febreiro 2019

O Rapikoque do mundo

expresa paixón, dozura,

entusiasmo, alegría, respecto,

e un curazóns  tan fortes coma a auga.

Os sentimentos que RAPIKOQUE

expresa a forma especial que

os pensamentos individuais

florecen no curazón da vida.

A terra irmán do Rapikoque

protexese do alma infiel

que outorgaba repulsa ós azoutes

da vida con sentimentos atopados.

A xuventude exposta do Rapikoque

inflúe nos mares os pensamentos

adquiridos ca vida ofrece con poesía

a saude dunha auga exquisita de soños.

Embarrar, embarrar

cás verbas incongruentes

vólvense parideiras

na túa mente obsoleta.

Ledicia…. en vosas flores

me encomendo a unha sociedade

RAPIKOQUE que entrañe a paixón

 por uns soños escritos na nova mente.

O Fin.

domingo 17 febreiro 2019

Unha noite rara,

os ollos ábrenseme

e queren parecer ver choiva,

e realmente sinto a choiva.

Escoito berros, difamacións

non sei que carallo é,

diría que estou soñando

ou realmente estou desperto.

Amañezo coma sempre, auga

que me refresca,

despertar que non me atormenta,

encubro os silencios da noite.

A rúa volvese silenciosa

e misteriosa, semáforos que

que bailan cos cores, coches que rúan

mirando pra os aledaños de que non pasen.

Tomo o café e escoito a fala

miúda tormenta esta noite

pois o sono me calou, porque

non sentín a festa dos carros.

Ledicia…. os cordóns sustentan

o eslavón que emerxe do Rapikoque,

creaches unha vida sinxela

que protexe o legado dun futuro certo.

Sirenas-Amazonas cara Itaca

mércores 06 febreiro 2019

Ferveu a auga pra o oxíxeno ,

respiro…., encantado pola loita,

porén os pequenos esforzos

 me aturulan os bailes escabrosos.

Éntrame suores

que se expanden por

todo o corpo, coma si

estiveran expulsando os males de todo.

Míroche e arrincónome

que coño teño pra que os

movementos se transvasen a

respiracións, que no fondo afogo os espíritos.

Non retomo un pasado,

porque estou no presente

 porén na memoria escrita

atopamos ao delincuente que féreme.

O sufrir entre as néboas

escondes o respirar de cada día

que non é mais que retrincos

que únense pra curar os sílvidos.

Ledicia…. chegar ao alto da montaña e

respirar fondo , é un pracer de silencios percibidos.

que non é o mesmo que,”a falla de vida”, dos segredos

da humanidade, que agóchanse,  no “amor” de deus.

sensualidade

domingo 20 xaneiro 2019

Paseando polo parque

da solidariedade, estórbome

co paisaxe abrupto dos homes

que loitan por non perder seu estatus.

A dignidade non se compra

nin se vende só se transforma

nunha vida sen ataduras que

ofendan unha realidade imaxinaria.

Idealizamos os sentimentos

dos que popularizamos nunha

poesía que te involucra nun todo

que se rí do pasado, que foi orfo.

Sabemos cos doces non son salgados,

si mesturamos na vida os destinos

soñados o pastel volvese viral

na colectividade que desenrola o pensamento.

Movementos logarítmicos expostos

no silencio dunha verba, acórrala

o negativismo impregnado nas mentes

incultas que devoran crueldade.

Ledicia…. aterrar na vida despois

das cadeas impostas, require profundidade

nos actos adscritos a valentía co saber

impón ante dubidas que só o medo fala.

Polbazo....

mércores 09 xaneiro 2019

O Pobo deseña, o Pobo esperta,

o Pobo silencia, o Pobo amence,

o Pobo alerta, o Pobo florece,

o Pobo rapikoca a vida enteira.

Enfronto un solitario dilema na vida

que esconde meu soño, nos derradeiros anos,

que sen ti non florece o xardín que

deseñamos mentres o mundo murmuraba.

O coeficiente de vos,mulleres,

xa non é lavar, pranchar, ou ser a

ignorante que por desidia da hipocrisía

fóchedes a “cona” do mundo ignorada.

Esmago o santo bendicido pola

dicha da verba, que agocha no ser

o medo das bagoas que alimentan

o perdón, do quen nunca aterricei no seu odio.

Experimento hoxe un porvir

moi alugueiro, que verte no camiño

autentico, non erras no goce de ti soa

nin de min, os pensamentos nos uniran un día.

Ledicia…. non é co noso rapikoque nos unha

a nos, e que sen vos, nos somos números

que contamos na táboa, porén con vos

somos números que alimentan cada Pobo ceibe.

sororidade....

domingo 06 xaneiro 2019

Un día sentín unha chamada,

non era nin deuses nin virxes,

proviñas do interior do ordenador

que me invitaba a viaxar polo mundo.

Tardei días en estudalo, xa que

me atopaba nunha cadea mental

que me reprimían os soños que me

faltaban por conseguir, eras ti poesía.

A intelixencia que me demostrabas

a solidez das túas verbas escritas

e faladas, as distintas formas de

usar as palabras , era pra min, meu poema.

Sacáchesme do labirinto, do que

non daba saído, cupícheslle a

xente a cara sen que se decataran

e non malgastaches o tempo nun reloxo.

Novos tempos se aveciñan, aos que

temos a obriga de que o Pobo só oía

propostas reais, sen rei que exerza

de parasito dunha humilde honestidade.

Ledicia…., afrouxemos o cinguideiro

e demos rendas soltas a imaxinación

pra que a forza do Rapikoque destrúa

o negativismo existente nesta sociedade.

ambivalencia de alternancia moral.

sabado 05 xaneiro 2019

Os cabelos que me miraron

en anos…., descubrín que falaban

de Rapikoque con só adiviñar

que elixir  Aine…. só me levaba a voar.

Mirar no teu interior buscando

a verdade do que me propoñías

era tan certo coma saber cun  gato

non miañan sen estar na verdade do Rapikoque.

Mírote cada día, e empeza no meu

corazón Ledicia noso novo soño

que nosas bagoas clandestinamente

trocaron pra un futuro do Rapikoque.

Esas pernas de atleta que sinto

nas miñas coma si acabara de nacer

e sentilas nos soños que só andaban

nas pisadas co Rapikoque me levaban a ti.

Non fagamos mais pubricidade do inimigo

que il se morda o dicionario entre os

dentes que lle ensinaron a doutrina

de servir a quen os alimentan, sen liberdade.

Ledicia…., non estamos sós, estamos

alumeados polo Rapikoque que nos dirixe

a cada un/a pola liberdade de cada un/a

porén con dignidade e respeto….

bos días, alegría....

venres 04 xaneiro 2019

Mirándote aos ollos

entendo o que me dis,

volvendo ao arbore

as ramas espácense.

Escoitando a trompeta

bailo entre as sabanas

recollendo verbas dos

niños que receitan alegría.

Lendo o sufocado que

miro as pisadas dadas

nos anos sécanse de instinto

os beizos que proxectas no meu iris.

O sol refrexado no espello

agranda o lúpulo que escita

o signo do soño, da verborrea,

aos que son, antiutopía do universo.

O vento simulaba a miña liberdade

de canto me deixaches de dicirme

que era ou eras esa flor que

non ausenta ser feminista con causa.

Ledicia …. non distingo os cores

cando pinto o teu cadro

porque non existe un poder

que non sexa mais co Rapikoque.

"tirar of aceite...."

sabado 29 decembro 2018

Muller  escoita o teu cerebro

mañá oirás violación na rúa tal

pasado muller se suicidou a do piso tal

pasado pechas a porta e non saes ata o día….

O monte se viste de morte

é xoves, a primeira hora os cans

ladra, o home dispara

e nos rimos na mesa dos disparates.

Ao amencer nos vestimos do que sexa

a tarxeta de entrada e a sorte que temos,

quedei embarazada e saín co fluxo

entre as comisuras da boca, de berrar….

Son un dicionario que reprende

a miña verba, porén agocha no seu

interior o silencio dos corvos

que minten cando lle buscas o significado.

Desestabilizados o mundo con guerras

pra mobilizar ao persoal a liberdade,

porén sabedes que é a forma de gobernar

so coa ignorancia do pobo que non é o Pobo….

…. espero a chamada que surta

efecto entre o Pobo, que crarifique

có soñar non perturba a sociedade

de enerxía que pensa no Rapikoque.