aferrarse a un cravo...

domingo 26 abril 2020

No branco estremecemento

que depositaches nas pisadas

que encubrías co tempo

os poemas que embargabas na estancia.

Non percorro os camiños

que aducen os sinistros labirintos

que xerminan nas praderías

que evolucionan no atlas do mundo.

E bicado os silenzos

outorgados polos pasos

estruturados por paisaxes

que perden o viño na sobremesa.

Naide chora as amarguras

que no teu tempo choraches

por unha flor que emerxe

da sabia que depositaches no meu cerebelo.

Non escuso o amor

da fraternidade amigábel

que realizou o rexurdimento

da verba verso para comer xamón con …..

Non esquezades que no bar

as oracións de cristo son blasfemias

impostas por xente que co poder na man

negaban a felicidade do POBO con retoricas…

a ignorancia non fai o camiño

o camiño faino a utopía de cada un/a.