levantemos os mortos pra que descansen en pazledicia.....

sabado 12 decembro 2020

agora que morreu o crego

que nos iluminaba con verdades

eclipsadas de mentiras transportadas

do pasado.

agora que morreu o ditador da

estirpe do pasado, que endurecía

os dicionarios con verbas asasinas

insultantes….. e cridas polos foros

das verdades históricas, que eran venais

mentiras, onde heroes que salvaban sempre

os POVOS, pra enterralos en cunetas malditas.

agora cós ollos ven o que queren ver, a cultura

dos POVOS, que sempre os sinalaron do terceiro

mundo, “os sen nome”,”os que non existen”…..

saquemos os espíritos dos mortos pra que divaguen

polo mundo, a razón da súas verdades, e sen

rancores, e se dilúan no descanso da paz ledicia

pra que súa dignidade non sexa borrada da historia

e sexan os fill@s da terra que na divulguen coa sabedoría.

ledicia…..nosa saúde esta preparada pra que os desertos

solten adrenalina que fortaleza da terra, os oídos dos

silenzos que agocharon nosas heroínas.