"cine mudo......"

martes 05 xaneiro 2021

claqueta, son, xa, empeza

a función, érase  unha vez

os homes que gobernaban o mundo

sen piedade, a envexa, a destrución…

claqueta, os séculos pasaban…

a vida cada vez mais controlada, o POVO, a fame

as guerras, o dominio das familias, as sombras

agochadas , por todos sitios… vixiaban.

claqueta, o tempo que lle pasa?

esta coma fora de si, porén vai

facendo o mal a quen?..., os nenos falan,

 limpa  teñen a mente, non saben, porén falan…..

claqueta, as escravas do sexo,

as escravas da familia, as escravas

dos soños perdidos, as escravas da

razón…… sempre en segundo prano.

claqueta, o mar tamén fala, o paisaxe

tamén fala, os ríos tamén falan,

os animais tamén falan, as plantas tamén……

os astros tamén falan, o firmamento tamén falan……

claqueta,  non é frío

o que teño

nin calor o que padezo

es ti, que me enfermabas, co tempo, home.