forza culinaria......
soaba a canción, soaba a soño,
despertaban medos de paixón
mentres cocíanse uns ovos
que ían valer de inspiración, ben.
unhas sardiñas de lata
impregnaron o prato
buscándote entre o aceite
e vinagre, que soaban, ben.
o toque vexetal poñianos
un roxo tomate, e uns espárragos,
cá terra mirábate co goce
da saúde, que sintas amábel, ben.
mesturando os dedos na sal
dáballe a salitre necesaria
có mar dende o seu curazón
obrigaba a falar do “amor”, ben.
o garfo, era o final dunha historiña,
comida dun amencer onde a xeada
imprimiu o frescor dos silenzos
pensando en ti, un día craro, ben.
unha cervexa, abría o apetito
coma bicos, protexendo o “amor”
de miradas visibels, pra que o vento
os leve aos beizos queridos, ben……