frores do xardín......

mércores 13 xaneiro 2021

nun xardín naceu fai tempo

unha flor, que perante tempo

descubriunos a razón da vida

dunha nai que soñaba, !algún día……!.

o xardín xa frorece marcando goles

a brancura da neve, que a tiñan

secostrada, os delirios de grandeza,

das mentiras, e dos roubos que facían.

xa non sentimos a envexa,

xa non sentimos o dor que crucificaba,

xa miramos o presente – futuro,

xa esquecimos o pasado “infernal”.

onde o “amor” cubre as capas

da ledicia, que enfreaban os pensamentos,

paralizando a beleza, que sentiamos

cando crece iso que tod@s sabiamos.

bailamos e danzamos entre o gran

truco final de love of lesbian, coma

síndrome da ledicia, recolle os e as músic@s,

expresando en distintas formas o “amor”.

dicían uns/as poetas, que non se soña só

na almofada, senón que día a día tamén

as forzas se unen , e non se apagan, senón

que rexorden historias nunca cridas……