unha muller dupricada......
estoume lembrando dun portugués
xenio da arte da escrita, “Saramago”,
do libro o “homem duplicado”, e pensei
porque non facer un poema a muller dupricada.
perante o día esquece o día anterior
porque realizou o soño que tivo
e sentiuse satisfeita coma foi
gozando entre o teatro e a lírica.
ao serán dupricábase o traballo
entre os dedos que marcaban
as teclas, de ver coma unha
vida, era posíbel chegar ao “amor……”
pola noite busca na almofada
a continuación, porén parece que non,
e quedándose dormida, empezou unha
nova aventura……
o despertar cun sorriso entre uns ollos
ca delataban de pracer e de ledicia, pra
comezar outro día, buscando no sono
o debuxo cá vida lle quería agasallar, co “amor”.
transcorreu o día, estaba nunha nube que
flotaba entre a imaxinación e a realidade,
dupricaba a mente en vez de dúas a catro
percibindo e lembrando unha verdade, dun sono……