negar á menor......
martes 09 febreiro 2021
negar a maior
pode ser unha obstinación
que túa mente transporta
“ficción” cando e realidade.
negar a maior
agochar no pensamento
o que fixeches, e alguén
descúbrete “coas mans na masa”.
negar a maior
estar pisando día tras día
voces extraterrestres
que ti chamas, pra ameazas.
negar a maior
ver o que non queres
ver, e non ver o que
non queres saber.
negar a maior
impoñer razóns
que non teñen sentidiño
mais que teu ídolo agochado.
negar a maior
ver un flor e dicir unha pedra,
ver un colibrí e será unha culleriña,
ver unha mosca, que va, será un violín.