unha mel de expresión......
martes 23 febreiro 2021
causa, secuencia
levantar do chan
o reloxo do tempo
pra que a foto quede bonita.
causa, efecto
cuspir ao chan,
acender un misto
e desaparecer por onde viñeches.
causa, dor
transfigurar o que
a maioría berra pra
tapar os sentimentos da causa.
causa, ver
estiven na mani
voltei pra casa tranquilo
e vexo o que non vira……
causa responsabilidade
unha vez composto
o relato, a causa desaparece
e queda stallone… só ante o chan.
causa, rapikoque
nunca te deixes levar
polo misto que desapareceu
senón pola secuencia do real……