LIBERTAD......PROGRESISTA
LIBERTAD
nunca dejo de soñar
que yo soy del POVO
que me abre sus ojos con osadía y respeto.
LIBERTAD
es llorar, reír, cantar, …… y pensar……
sin que mis lloros sean tristes
ni mis pensamientos dictatoriales.
LIBERTAD
expresión, palabra, que entra en boca
de tod@s, solo que unos la usan como
grandeza “real”, y otr@s universal.
LIBERTAD
poder trasladar las culturas
por el mundo, sin que lo oculto
esclavice el mundo de actos “de cultos”.
LIBERTAD
razón de ser una/o, dialogante,
estudiant@, inventor@, política de pactos,
rapikocar, sentir, opinar……sintiéndose libres.
siendo mis poemas un desglose mínimo
de lo que la libertad es, para cada una/o , sentirá
muchas mas opciones y definiciones, pero creo
que nunca sería la libertad de desangrar la libertad.
pra sempre, mami......
votando contas
cara novembro
do 1959 un ovario
e un esperma
fixeron festa,
nove meses despois
saíu unha criatura
que non ía ser
seguramente o que
querían
porén unha nai
non perde a esperanza
e a base de tesón,
ise bebe empeza a
despuntar entre viaxes
en tren a Madrid,
vai saíndo pra diante
seguro que a loita foi
inmensa, porén entre
a súa forza que lle
imprimiu ao bebe, cada
ano que pasaba, a vida
facíase mais amada,
os primeiros pasos seguro
que foron dolorosos
porén os pés andaban xa,
empezaba os estudos
coma si o dor non lle
afectara
porque sen sabelo as
forzas pra que a dor
non fora unha guerra
eclesiástica entre capela
e “capela”, efectuábase,
a carballeira non falaba
porque a idade
non lle deixaba pensar,
só xugar e pasalo ben,
era o agarimo que lle
quedaba da esmorga,
porén sabía cá nai
tivo que ter unha
gran loita e pacenza,
pra ser onde se realizou.
a vida fixo por causas
do réxime que perante tres
anos se separaran, porén
sabía có “amor” que habían
creado no rapikoque, anos
posteriores, ía se moi forte despois
de volver a súa casa.
preocupouse de que estudara
e non só dos homes
que oía, entre sillas e mesas
e baraxas… sobre mesas de
mármore pra o dominó, onde
foise facendo, día a día, coma
aprendizaxe cós números
que escoitaba, verbas da
liturxia, que lle quería impoñer
formas de xogar a que se
revelaba.
mentres o mozo crecía
a nai mais as amigas
ensinaban os pantalóns
polo POVO, ao que eu escoitaba
certos comentarios que non
sabían de onde viñan.
iso todo ía gardando
nunha parte da miña memoria.
xunto co aprendizaxe na
cociña, mentres cociñaba,
sen que as verbas brotaran
ente os dous, porén o mozo
ía aprendendo il só,
porén os versos púñaos
a miña nai, despois no prato,
eran manxares que non se
esquecían.
os viaxes a Coruña era
unha gravidez que eu
lle ofrecía, aos seus brazos
fortes uns cantos kg
polas rúas, ata mulleres
lle votaban piropos
que ollos mais bonitos,
supoño que se sentía
con unha ledicia inmensa
!!!despois das loitas que lle fun
carreando!!!
o tempo foi pasando
o bebe, pasou a mozo
e despois a mais mozo,
porén a súa rebeldía
non cesaba, sempre pensei
de que de algún lado a tiven
que sacar, e sempre intentando
respectar , inda que as veces
das “casillas” sacábanme pra non
razoar, ou razoar de mais,
sempre tiven presente
a educación que me ensinaron
tanto meu pai coma miña nai.
non facía falla de que falaran
pra entender cunha mirada
o que me estaban transmitindo,
inda que no intre non me dera
conta, despois coa almofada
razoaba.
así saín rebelde no pasado
e rebelde no presente e ……
coma poeta non podo
expresar o que unha
verba que aprendín
de pequeno dera en min
tanto xogo, coma pra que
a poesía fora miña forma
de expresión pra abrirme
ao mundo distinguindo
o que o “amor”, ensinoume,
e do rapikoque aprendín
que u odio, a envexa,
o racismo, o machismo……
non están nas ensinanzas
que aprendín de meus pais
sobre todo de miña nai,
polo que lle dedico iste
poema cunha flor do
seu xardín.
de picaso a goya......
mas claro
esta o día, cos raios
alumeando, ao run, run
do tronos falando, franklin diría.
mais claro
prepáranse obstáculos
cás páxinas ofrecen
pra unhas olimpíadas do pracer.
mais claro
sinto un gozar
ventos que pendulen
os sinónimos da vida.
mais craro
se acurtan
versos
nun tramo enteiro.
mais craro
animo os egos
que dunha crase podes
aprender do universo.
ir crecendo
na craridade dos días
ofrecen exposicións de sonos
có rapikoque preme na tinta.
bolboretas ceibes......
nacer
o respecto de un/unha
é servirlle a mente
un curso de dignidade.
nacer
a avanzar neste mundo
obriga o medo a respirar
a ansiedade de divulgar.
nacer
despegar unha liberdade
que quere voar, porén
hoxe é o día, da natureza silvestre.
nacer
protexer os silenzos
dos desexos de soñar
pra esculpilos cando todo sexa real.
nacer
sen barreiras onde
toda mentira, saía a luz
pra que os faros detecten onde están.
a cantidade de sonos
que flúen nos espazos
equivalen á sabedoría dos
POVOS, que fortalecen seus egos.
encerro dun mundo......
soño ou realidade
os barrotes dunha escada
devolveron a vida, a sabedoría
do ser ante a irrealidade pragmática.
soño ou realidade
a forza mental imprimida
nos brazos, derrotaron
a malicia do poder do asfalto.
soño ou realidade
o medo incrustado
nun paseo a catro rodas
descubrín a verdade da mentira.
soño ou realidade
os ríos de inverno
levan auga…… onde os árbores
falan da tristeza dos humanos.
soño ou realidade
o chan disimula
a ciencia dos ollos pechados,
que se abren ante o atentado.
os periplos do tempo
adelgazan á memoria
do pasado, que con rapikoque
endureceu o ego dun paiaso.
a vida non é padecer......
vida
paso a paso
vamos camiñando
entre obstáculos pregoados.
vida
os montes da sabía
embelecen cando
ditan ramas novas.
vida
a terra
volvese fértil
en períodos lunáticos.
vida
a lúa respira
en noites de radio
mentres durmimos ou traballamos.
vida
os ollos que miran
existen coma mares
cás odas fanlles poemas.
vida
compartir as raíces
que escoitamos do mundo,
é o rapikoque que fala no barro.
fillas que amaban seus mares......
pecho
a realidade que prodúceme
acariciar os sentimentos
que se verten no mapa da dignidade.
pecharei
sonos que fomos cumprindo
entre desgaste puerís
de alleas sociedades que
non deixaban as odas sobrevivir.
pechade
os silenzos obtusos……
os silenzos racistas……
os silenzos que fan dano a humanidade…..
pecharemos
as contradicións que nos
confundían entre verbas
profundas, que mitificaban a coherencia…..
pechan
apéndices sociedades……
apéndices artistas……
apéndices da sabedoría……
pecharon
nais das inclusas……
nais de voces escritas……
e rapikoques que viron seus curazóns sufrir.
unha mel de expresión......
causa, secuencia
levantar do chan
o reloxo do tempo
pra que a foto quede bonita.
causa, efecto
cuspir ao chan,
acender un misto
e desaparecer por onde viñeches.
causa, dor
transfigurar o que
a maioría berra pra
tapar os sentimentos da causa.
causa, ver
estiven na mani
voltei pra casa tranquilo
e vexo o que non vira……
causa responsabilidade
unha vez composto
o relato, a causa desaparece
e queda stallone… só ante o chan.
causa, rapikoque
nunca te deixes levar
polo misto que desapareceu
senón pola secuencia do real……
axioma xigante
hoxe van a alza
mañá non se sabe
seguro cá baixa,
son homes sen escrúpulos.
os grupos raciais
venos en formas
unhas veces moz@s,
outras mulleres, outr@s……
a luz non lle deixa ver
mais alá, có percorrido
de volta a un pasado
de sangue entran as verbas.
a moral non a dan
axustado, para que o mundo
se vista de amor, porén a
percepción, revíraselles, cara o sol.
os números non lle cadran
porque son tan naturais
que recorren, recorren
porén non saben a quen.
chámanme o home do tempo
e non se dan conta, que son
sen tempo pra rapikocar
unha vida de ledicia……
negar á menor......
negar a maior
pode ser unha obstinación
que túa mente transporta
“ficción” cando e realidade.
negar a maior
agochar no pensamento
o que fixeches, e alguén
descúbrete “coas mans na masa”.
negar a maior
estar pisando día tras día
voces extraterrestres
que ti chamas, pra ameazas.
negar a maior
ver o que non queres
ver, e non ver o que
non queres saber.
negar a maior
impoñer razóns
que non teñen sentidiño
mais que teu ídolo agochado.
negar a maior
ver un flor e dicir unha pedra,
ver un colibrí e será unha culleriña,
ver unha mosca, que va, será un violín.
meandros naturais.
algo fío, o tempo
transcorre de pasaxe
en pasaxe coma xílgar@s
na liberdade, fora dos barrotes.
algo fío, en noites
de pronomes, verbas
e frases que revolucionan
as verdades con novos poemas.
algo, fío, poder ver mares
onde súas sociedades
sexan xenerosas á beleza
de quen @s mira con delicadeza.
algo fío, ver montañas
que miren iris moderados
onde a bela ledicia
xurdan lenzos, pra pinceis abstractos.
algo, fío nos silenzos
do día, coma as calcomanías
saturan de cores
a danza dos números dos reloxos.
algo fío, que recitar en
rapikoque, leva
as estrelas bailes
que se perden polos horizontes.
feromonas rapikocadas......
o ar que move os lisos, febles,
rizados, retos, ondulados, pelos,
na media noite resémbranse,
e parece o que non é……
o ar escoitase no horizonte
mar, que se vai achegando
a costa ao mediodía pra
un almorzo sen frituras……
agochar nas rochas
os ventos do pasado
coma feces románticas
de correntes snob bárbaras.
a chicha que atafego o mal
humano, entre sombras azuis,
rematan en sangue e dor,
que quenta feromônios da ira……
os ollos espidos que miraban
seducións sobre umbras do sil
que estila cor nos ollos rapikocados
sobre o verde val do horizonte lonxano.
ben o suxeitador desperta
da pedra, dura coma azucenas
que se reviran a vida, e desvelan
verdades agochadas nos silenzos……
"o platano do lorenzo......"
os voitres que limpan
a natureza de quen foi
alimento de animais, son
metaforicamente a bullión humana……
o paspallás é o rol
có os humanos agochan
dunha agresividade,
volvéndose non grato.
o bufo a oda da escuridade
dos soños, pra que non
se vistan cunha bata
cós leve a ledicia persoal.
a serpe é o macho
que defende a femia
pra xustificar cunha tal,
non podes vivir, pra non “arrastrase”.
a víbora agochase no medo
produto das cornudas
verbas de mentiras
que asexan na camisa……
a cola protectora dun sen fin
de historias, que nas “barras”
entre copa e copa desenrolan
novelas, do que poder ser as “medidas…”.
algoritmos en positivo......
escoito, escoito,
música que me distrae,
que me poetiza,
que non sinto as verbas, porén si a voz.
escoito, escoito,
música da terra,
que me ensinaron
que hoxe descubro, con moita pena.
escoito, escoito,
coma se serven dunha cultura
que reina no espazo
coma si outras, fora de segundo plano.
escoito, escoito,
có reto é moi apetecíbel,
pra enfrontarse a dilemas
que veñen dun pasado obtuso.
escoito, escoito,
que vibra a morriña, que desperta
da paixón, de músicas que teñen seus egos
pra ensinarnos outros tipos de emocións.
escoito, escoito,
que non é unha critica, senón unha construción
que positiviza un pasado, presentando
un presente de moito “amor”……
unha muller dupricada......
estoume lembrando dun portugués
xenio da arte da escrita, “Saramago”,
do libro o “homem duplicado”, e pensei
porque non facer un poema a muller dupricada.
perante o día esquece o día anterior
porque realizou o soño que tivo
e sentiuse satisfeita coma foi
gozando entre o teatro e a lírica.
ao serán dupricábase o traballo
entre os dedos que marcaban
as teclas, de ver coma unha
vida, era posíbel chegar ao “amor……”
pola noite busca na almofada
a continuación, porén parece que non,
e quedándose dormida, empezou unha
nova aventura……
o despertar cun sorriso entre uns ollos
ca delataban de pracer e de ledicia, pra
comezar outro día, buscando no sono
o debuxo cá vida lle quería agasallar, co “amor”.
transcorreu o día, estaba nunha nube que
flotaba entre a imaxinación e a realidade,
dupricaba a mente en vez de dúas a catro
percibindo e lembrando unha verdade, dun sono……
confinando usos......
distingo cores humildes, feros, bastardos, fieis,
tocaovos, incendiarios, violadores, machistas,…
e podiamos seguir clasificando, a variedade existente,
que describo pra darlle o tratamento dunha vida en positivo.
o branco, representaba a neve maldita, odiada, pra algúns,……
a rendición pra outros, a blasfemas, a corrupción,… pra outros,
e a mentira ou desafogo pra mulleres do POVO…
unha forma de subsistencia…… no mundo.
o negro representa a negación, o racismo, pra moitos,
o sofrimento, o dor, (escrava das mulleres), o escravismo
prolongado no tempo…, as sombras dos batas negras
que impartían medo, e pagos por vir a vida…
o azul a cobiza, as mentiras creadoras, os soños
perdidos, o supremo ditatorial, a doutrina do dor, medo
odio, amor, …as violacións, enfermidades, o castigo divino…
imposto dende as alturas versácúlas .
o verde a morte en nome de…
as guerras en nome de…
a fame en nome de…
o sacrificio da terra en nome de…
o amarelo agochaba a ledicia
oprimida, có machismo usaba
coma pai creador dunha costela
pra que as flores nunca tiveran beleza, entre outras cousas.
o futbol das mentiras...
remata o silenzo, ábrese a
esperanza día a día, esparrando
polo chan as bagoas que fixeron
de nos, penitencias adscritas, ao divino.
remata a soedade que se esculpía
en saudades vividas, en avatares
egocéntricos, en posición absurdas
que freaban os avances de vivir a vida.
remata un ano, no que o mundo
ía a deriva, porén vai encouzando
os delirios de grandeza, en simpres
procesos de dirimiran en verdades sentidas.
remata o sufrimento, có mundo
padecía, escoitando as mulleres
loitadoras, que vannos ensinando co
que queren a dignidade sen trucadas.
remata que políticos enxeñeiros
das mentiras, váianse coñecendo
día a día as estrataxemas que
usaban, pra que o POVO sufrira.
remata as voces malditas, que navegaban
polo mundo do dor, practicando sobre o mundo animal,
sobre o clima…… coma si con iles non fora nada, eran oídos xordos,
d@s que loitabamos, os que sentiamos a deriva da terra.
frores do xardín......
nun xardín naceu fai tempo
unha flor, que perante tempo
descubriunos a razón da vida
dunha nai que soñaba, !algún día……!.
o xardín xa frorece marcando goles
a brancura da neve, que a tiñan
secostrada, os delirios de grandeza,
das mentiras, e dos roubos que facían.
xa non sentimos a envexa,
xa non sentimos o dor que crucificaba,
xa miramos o presente – futuro,
xa esquecimos o pasado “infernal”.
onde o “amor” cubre as capas
da ledicia, que enfreaban os pensamentos,
paralizando a beleza, que sentiamos
cando crece iso que tod@s sabiamos.
bailamos e danzamos entre o gran
truco final de love of lesbian, coma
síndrome da ledicia, recolle os e as músic@s,
expresando en distintas formas o “amor”.
dicían uns/as poetas, que non se soña só
na almofada, senón que día a día tamén
as forzas se unen , e non se apagan, senón
que rexorden historias nunca cridas……
forza culinaria......
soaba a canción, soaba a soño,
despertaban medos de paixón
mentres cocíanse uns ovos
que ían valer de inspiración, ben.
unhas sardiñas de lata
impregnaron o prato
buscándote entre o aceite
e vinagre, que soaban, ben.
o toque vexetal poñianos
un roxo tomate, e uns espárragos,
cá terra mirábate co goce
da saúde, que sintas amábel, ben.
mesturando os dedos na sal
dáballe a salitre necesaria
có mar dende o seu curazón
obrigaba a falar do “amor”, ben.
o garfo, era o final dunha historiña,
comida dun amencer onde a xeada
imprimiu o frescor dos silenzos
pensando en ti, un día craro, ben.
unha cervexa, abría o apetito
coma bicos, protexendo o “amor”
de miradas visibels, pra que o vento
os leve aos beizos queridos, ben……
pimentos son
estas soa, soan as campás,
non é morte, vibran os silenzos,
aparecen os medios, non danan
o violín, e a voz que sae fresca e lucida.
móvense as follas, empezan
os tambores das verbas, que
degolan as pisadas malditas,
e enraízan da terra a sabedoría.
os dedos deslízanse polas teclas
dos talos que move o vento
nos bosques das meigas, seducidas
pola luz da lúa, pra brilar as estrelas.
o baixo escoita os ruídos dos vivos
que se moven na natureza
con olfacto e ollos dos espías
que divagan mentiras entre os grupos.
as voces agora , se escoitan
agora no berran, agora acompañan,
os silenzos cá atmosfera dilúe
os pensamentos cá música expresa.
era unha voz soa, agora son millóns
que respiran desagregando nos
bosques os faladoiros dos árbores
que deseñan nos curazóns das letras.
a enerxía non se destrue, armonízase......
verbas que van de baleiro,
andares seguros, de amenceres
fríos, árbores que seducen o
vento, pra renovar o vestiario.
vías que atafegan as rodas
na tensión do condutor, no que
a prudencia faille pensar que
ir a modiño é o millor.
horizontes expectantes , que regan
proxectos novos, que inverten
no desexo da humildade creada
polo soño do individuo ante o “amor”.
respostas da vida que envolven
miradas entre os cristais da fala,
permitindo ó océano da sabedoría,
que ilustre baleas entre divas.
bálsamo florecido que engulen
poemas adscritos a redacción
pronunciada pola lingua da razón
do entendemento das experienzas compartidas.
espallar a cultura educacional
dos egos, e das colectividades
enxalzan non só o de un ou unha, senón
o de todo o mundo da fala de cada POVO.
"cine mudo......"
claqueta, son, xa, empeza
a función, érase unha vez
os homes que gobernaban o mundo
sen piedade, a envexa, a destrución…
claqueta, os séculos pasaban…
a vida cada vez mais controlada, o POVO, a fame
as guerras, o dominio das familias, as sombras
agochadas , por todos sitios… vixiaban.
claqueta, o tempo que lle pasa?
esta coma fora de si, porén vai
facendo o mal a quen?..., os nenos falan,
limpa teñen a mente, non saben, porén falan…..
claqueta, as escravas do sexo,
as escravas da familia, as escravas
dos soños perdidos, as escravas da
razón…… sempre en segundo prano.
claqueta, o mar tamén fala, o paisaxe
tamén fala, os ríos tamén falan,
os animais tamén falan, as plantas tamén……
os astros tamén falan, o firmamento tamén falan……
claqueta, non é frío
o que teño
nin calor o que padezo
es ti, que me enfermabas, co tempo, home.
ano novo......
sentarte e abrir un
novo capítulo no nocturnol,
remexe novas vibracións
que van aclarando o mundo.
polinizar un ano produtivo
na pandemia, embelece a
mente de calquer poeta
que aprecie a cultura da terra.
esperando, espero, cás algas
alimenten coma o prantón
de soños, cós mares necesitan sen prásticos
que apremen a convivencia dos residentes.
especificar o alento
d@s loitador@s que deixan a “pel”
por coidar de quenes se ven
perdidos das minúsculas letras.
empezar un ano novo
con novas flores poéticas que o
único que fan é dar enerxía, pra
que a forza da loita sexa individual e colectiva.
dita…… emprender nova vida,
apaga pantasmas pasadas,
envolven soños presentes e
proxectan luces nos faros da vida…..
somos a sombra da luz.....
un mínimo terremoto oíuse
nalgures, estaba en silenzo,
o moble empezou a facer música,
coas copas…..
na cociña os electrodomésticos
acompasados, vibraban sen parar
o que enriba tiñan, na mesa os
bártolos resoaban coma tambores
e de repente un pano fixo o silenzo outra vez…..
eran as odas do mar
que o vento as facían
cantar, ou eran as bruxas do bosque
que afloraban os sentimentos…..
foron dous, tres segundos, non o lembra
porén gravou a música que silenciaba
o medo ao despertar dunha pesádela
que non foi realidade…..
ledicia….. as carreiras de obstáculos
sálvanse saltando as vallas, na vida a ledicia
non e o saltar ao oco, senón, o razoamento
ao despertar un día tras outro sen molestar…..
instruír pra vivir.....
as pálpebras ábrense na luz
da mañá, despexarse da
noite dos soños, pide un
almorzo, que faga levar a mañá.
o serán rende o que producimos
mentres o sol, non lle da paso a lúa
pra que a poesía volva entrar
na fantasía da miradas dos soños.
son moitos os silenzos
que existen, uns sepárante,
outros adíante, outros sofren, e os
bispados aproveitar a ocasión, pra mandar.
a amizade soporta todo tipo
de crenzas, porén o que non soporta
son doutrinas que impoñen o adoutrinamento
que se non os ves, apacéntante coma o gando.
ledicia…..chegaches sen pasarte polas estacións
da morriña, dun mundo que escoita a vosa
maneira de loitar…..
pra que o presente- futuro sexa o “amor” do mañá…..
vivir, sen mentiras.....
cientificamente un mais un
é dous, un mais dous é tres,
tres mais un ´catro, e catro
é igual a cinco, porén conco non é igual a catro.
si a pandemia vai polo mundo
a súas anchas machistas,
o feminismo segue traballando
pra reducilo a unha sempre melodía.
o clima xa non escoita
as directrices humanas
revelase ante os seus deuses
pra escoitar a prebe có admira.
o tempo pasado falece por si,
só, coma o atlas foi división
de culturas, o tempo presente recupera a vida
de civilizacións perdidas, sen mirar o pasado.
ledicia….. o coidar de noso praneta
non só busca a realidade da vida
senón busca cás mentiras no apreman ó
POVO, coma si foran “deuses” na “sacristía…”.
por un mundo de ledicia.....
que diferenza atopo hoxe en día
entre xente e persoa, segundo
escoitaba a través do tempo
entre barra e barra nocturna.
uns falan da xente coma terceira
persoa, agochándose a súa persoa
coma ególatra , ante a opinión desta,
a charla ía xenerándose coma tal (“ era il…”).
a persoa ignora a xente, faise persoa,(no tempo)
a xente omite as persoas,
as xentes son as sociedades oprimidas, “a prebe”
as persoas son a xente de ben.(viven do conto)
as persoas son intelixentes
as xentes funcionan coma rabaño das persoas
cós enganan, funcionando coma primeira persoa.
ledicia….. testar as verbas dun mundo, fun
comprendendo, que hai listos e parvos
uns traballan pra o receptor a cobranza da “verdade”,
e outros son o resultado das mentiras, coma don de xente…..
historia da civilización.....
no mundo das mulleres secostrada
polas civilizacións reinantes, agóchase
as mentiras impostas por un ilustrado
que foi exendrado non se sabe por quén.
a partires da historia, o mundo
volvese salvaxe, usando a muller
coma “prostituta” pra os seus praceres
que derivan no negocio mais rentabel
da humanidade, escrito por “escritores”.
podiamos desenrolar toda unha teses
de coma funciona, hai mulleres pra os
oprimidos, pra os violadores, pras guerras
pra os políticos, pra alta liñaxe, hai mulleres…..
as mulleres son as barbies
dos homes, que sen xogar de pequenos
aprovéitanas pra xogar de maiores
pra matar o medo a súa liberdade.
ledicia…..revirar a historia non é
so traballo do feminismo senón
de homes que teñan os “ovos”
entre as pernas e non na cachola…..
levantemos os mortos pra que descansen en pazledicia.....
agora que morreu o crego
que nos iluminaba con verdades
eclipsadas de mentiras transportadas
do pasado.
agora que morreu o ditador da
estirpe do pasado, que endurecía
os dicionarios con verbas asasinas
insultantes….. e cridas polos foros
das verdades históricas, que eran venais
mentiras, onde heroes que salvaban sempre
os POVOS, pra enterralos en cunetas malditas.
agora cós ollos ven o que queren ver, a cultura
dos POVOS, que sempre os sinalaron do terceiro
mundo, “os sen nome”,”os que non existen”…..
saquemos os espíritos dos mortos pra que divaguen
polo mundo, a razón da súas verdades, e sen
rancores, e se dilúan no descanso da paz ledicia
pra que súa dignidade non sexa borrada da historia
e sexan os fill@s da terra que na divulguen coa sabedoría.
ledicia…..nosa saúde esta preparada pra que os desertos
solten adrenalina que fortaleza da terra, os oídos dos
silenzos que agocharon nosas heroínas.
morena.....
lembro coma entre os teus brazos
paseabas, un pesado, de ollos bonitos
dicíanche cando íamos polo veirarúas.
lembro o castigo no que me obrigaches…..
que me serviu có tempo, pra entender, co
que existía pra o mundo, non existe, só recolle
voces do mal… que nos “cuspían” sen sabelo.
lembro a educación que nos deches a nos
e algún pinito fixeches que deixaches pegada,
podo dicir que non facían falla verbas entre nos pra que
túa intelixencia afectara en min, só unha xenia…..
lembro que cos ollos te miraba,
coma as mans cociñaban entre os fogóns do gas,
ou da madeira queimada, pra que no meu
cerebelo inculcaras a cociña coma arte culinaria…..
Ledicia….. dicíasme que fora o millor, e eu dicíache
que pra que, si consideraba a tod@s por un igual,
e o sigo pensando, porque ninguén pode ser “rei” pra asoballar
os POVOS, nun mundo de sufrimento, cando a Ledicia ten que “namorar”…..
baguala Maradona.....
educación, educación, educación
que é?
me pregunto, me pregunto, pregúntome,
escoitar, escoitar, escoitar, porén non é non…..
educación, educación, educación,
si é si, si me respetas, e si non é non
si é si, si non me berras, e si non é non
si é si, si non me vixías, e si non é non
sígote escoitando, porén estas calado…..
educación, educación, educación,
si é si, si non ameazas, si non é non
si é si, si non me vistes, si non é non
si é si, si non me pisas a fala, se non é non…..
educación, educación, educación,
si é si, si os meus soños son ceibes, si non é non
si é si, si meu corpo e meu e decido eu, si non é non
si é si, si me miras dun igual, se non é non…..
Ledicia….. hoxe masturbo meu ego
que quero incumprir dun ego educacional
cá sociedade me ensinou, o que eu non meus
pensamentos escoitaba, “e nunca vos atopaba”….. o si é si…..
obvio, un pelo baila sobre a miña cachola
Así escribían as chamadas democracias, enturbadas
de verbas pra que xuíces, políticos….., escribiran entre
liñas leis que só iles sabían descifrar, pra tapar todo
tipo de corruptelas….. e a hora de protestar os POVOS
era a única ferramenta que tiñan porque cando chegaban
aos xulgados votaban ao traste, todo o que podía significar
democracia pra os que entendían o que tiña que ser, porén
non era mais cunha democracia secostrada por todas as
oligarquías do mundo, pra defenderse do POVO, e telos
controlados en toda intre…..
De aí cando se atoparon coa realidade actual, déronse conta
que iles mesmos estaban dicindo o que non podían dicir
pubricamente, descubríanse todas as artimañas que usaban
e trampas que desenrolaban nas verbas do POVO, pra que
alimentaran o odio….. entre o POVO e era a forma de que nunca
puideran vencelos, porque nunca daban chegado, o POVO a cima
xa que non sabían interpretar as verbas tal coma era o significado
das mesmas, ata que descubriron o significado da negatividade das
palabras, foi a forma de chegar a cuspide sen derramar sangue entre
os POVOS, senón a que era e é a sangue diles os oligarcas…..
pra elo non poden quedar atrás pra evitar mais sangue morta diles.
Ledicia…..non leas poemas negativos
que non che fagan pensar na
nada, que túa mente non sexa
razoar o significado da realidade…..
branca neve polo norte, polo sur
sei que me ves
sei que me controlas
sei que me estudas
sei que me odias con aplausos.
son o que queres que non sexa
son a virtude do teu egoísmo
son o parasito da túa realeza
son a vestimenta dos teus odios.
son a polvo que ti esperas
son a sangue que ti non levas
son o refuxio que ti non entras
son o amor que ti me envelenas.
so o aplauso que ti quixeras
son a noite que penetrei no teu ego
son a rabia coa que despertas
son o que fun e búscame entre a merda.
Ledicia….. os trocos son novos
movementos que deixan o pasado
arquivado nun chip e presentan
nova epopeia dunhas mulleres saudables.
tempo cos cuidados.....
di a canción dous non é…..
igual que un, mais que un…..
coma os versos cando fan…..
poesía escudase na verdade.
As inxustizas que programan
persoas que teñen o poder de
xulgar, non é co agravio cara esas persoas
sexa tal, senón a cara que proxectamos ao mundo.
A praxes dos soños realizados
por sentimentos que practica un
ego de egos, onde a igualdade
d@s individu@s e o éxtases do pracer.
A vida escoita ruído que unhas veces
raia a imperfeción do individuo e outras
a perfección da dignidade cás
persoas fan por un mundo mellor.
Ledicia….. “idealizarnos”, entre coma,
as odas planean entre os mares,
proxectando enerxías positivas,
entre recordos pasados e presentes…..
conxuro de bruxas.....
non somos o touro
que queredes dominar,
somos persoas, que de ancha…..
vida, sabemos estar no mundo…..
sustituíchedes os escravos
nas prazas romanas por touros
drogados, que dende os
arrefeces dos pasados
mares, encubríchedes as mentiras…..
blasfemades verbas sen sentidiño
xa que voso vocabulario empeza
a defenestrarse polas cloacas,
saíndo a flote toda a merda acumulada…..
por si fora pouco, abandonades
vosas nais, tirando ao lixo
o porque estades no mundo, sodes a
sinistralidade patriótica do estornudo…..
Ledicia….. coma se espantan
os espartanos, cada vez cás mulleres
soltan lastre cara devolver a dignidade
aos POVOS, pra que non sexan torturados mentalmente…..
p.feijoo...
a maratón da vida
empeza cando a vista
encaixa, despois dun desenrolo
nun corpo que o foi criando con todo o seu…..
todo é unha ledicia nun mundo
novo, de sorpresas que vas descubrindo
pola perspicacia do saber
que é isto, e esto….. todo un apredizaxe…..
crecías entre tebras, que che
agonizaban por imposicións dunha
sociedade, que empregaba mais
o negativismo có positivo da vida…..
engraxaban as túas neuronas
con tolemias, con reducións de intelixencia
pra someterte ante unha sociedade
que só miraba o seu egoísmo duns ante outros…..
Ledicia….. os “machos”coma os cinco…,tardan
en recoñecer que demostrándolle ao toro
de que o mata por dominar seu mundo
encobren a cegueira (Saramago) de non ver a ledicia do mundo…..
contan dous o resto palla.....
a poesía “dispara” lambetadas
de verbas, adscritas a dicionarios
que estaban dirixidos por machos
das violadas señorías, discutían necidades hipócritas.
os saloucos impregnados por poetas
que a cantos das musas, agochaban
e sentaban nos “banquillos” das sombras
as escuras hipocrisías de quen mandaban.
os reloxos do tempo deseñaban horas
onde o POBO non era igual cás horas
cos POVOS dispoñían, nos traballos
o “choriceo” das horas extra, por ser bondados@s .
a versión dos capitalistas era moi
crara, nas súas mentes eramos números
por iso era primordial cós segundos sempre
recaeran na patronal, xa que de falsificar sabían.
Ledicia….. a patronal futbolera ten unha calculadora mental
que vende as cidades coma seu pai, a costa do fútbol, agochándose
en mentiras numéricas, que os siareiros cegos, escoitan só lacaios
do mal, sen importarlles o futuro dos seus fill@s, que son a base do mesmo…..
autobomba explosiva.....
figúrate nun espazo onde
as mesas escoitan, as silas
tómante a temperatura, e
o viño contrólate dende enriba.
voltas ao día seguinte, e buscas
onde non te controlen, e atopas
que todo esta ocupado, só que o
escenario trocou, agora ti escoitas o que se di…..
chega a noite, e a pregunta que te fas,
e coma é, o que antonte falei, é comentario
de hoxe, será o COVID19, ou espias…
ao día seguinte les no periódico, e son
noticias que falan do que ti falabas só
que reviradas, e implicándote non se sabe que…
Ledicia….. que home non escoita un “amigo”
falar da vida, das cousas que ocorren no mundo
do barrio…..ti pensas que a ledicia xorde…..
ea conclusión que levas é que chámante un paiaso…..
vaivéns da ledicia.....
música, música, onde estabas,
espallada, solitaria, desmedrada,
aos oídos das persoas que te
escoitaban baixo pirámides adestradas.
música, música, atopácheste nun
burato agochado nos sentimentos
dos artistas, pra apelar as nostalxias
a veces e as ledicias outras sen que…..
música, música, non abandones istes
intres de ilusións, sen sentir que
non só tocaches pra min, senón pra o mundo…..
música, música, os dedos das mentes
dos artistas van tocando os compases
que tod@s vamos sentido en distintos intres…..
Ledicia….. non soamente te vexo tocando
os distintos instrumentos que polo mundo
circulan, senón que as verbas acompañan
con doces melodías pra quen as escoita…..
desvirgando a dignidade e a lealtade.....
A dignidade é o que reclamas dos demais cara un, o un cara os demais, ven sexa dun goberno, un amig@, ou familia, incluso cara os animais, ou o coidado do planeta, dentro de cada cal, o que poda aportar, porén sempre dentro dun gran respecto cara tod@s,
Lealdade é obedecer a alguén pra aproveitarse das persoas pra beneficio propio, ben sexa dun goberno, empresa, partido, etc…
a lealdade entendida en positivo, pode ter un significado positivo de respecto a tod@s, e dicir si traballas pra un goberno, empresa, etc… debes manter esa lealdade, porén sempre en positivo, xa que si digamos esa lealdade é pra facer dano ao POBO, ou calquer outra cousa, xa non estamos falando dunha lealdade positiva, senón dunha lealdade negativa, digamos que é o que hasta agora exercíase, quenes eran leais os que no seu cerebelo non tiñan nada que dicir mais có que lle mandaban que fixeran, non podía pensar por si mesmo,
estaban zombis, e éralles igual “foder” un familiar, un amig@, ou calquer cousa con tal de que obedeceran o que lle pedían as consecuencias il nunca as ia ver, entre almofada podía “pensar que animalada” o que acabo de facer.
Digamos que ata hoxe un leal era unha persoa sen valores concibidos, sen sentimentos, que incluso mentía e mentía con tal de defender un proxecto o cal “sabía” que era mentira, porén era o que lle pedían, e tiña que cumprilo, por que senón xa sabía o que lle quedaba…
Nas guerras os historiadores, periodistas… contan o que ven ou o que oen porén a hora de narrar certas cousas fano baixo a batuta do xefe da orde, e si esta contando algo que non lle interesa, esa persoa queda desahuciada, fora do terreo de xogo, chegándose incluso a dicir hipocritamente “fogo amigo”.
De pequenos ensináronnos cá lealdade só as viamos nas historias contadas dos nosos antepasados nas batallas dos heroes,…que por certo sempre eran homes… ¿será cás mulleres non eran leais?..... ou só as usaban pra que as violaran…..coma divertimento das tropas…..
unha copa por aquí, outra copa por ala, e así matábanse a conta da lealdade…..mentres dende a cama dirixíanos…..
Podíamos estendernos mais porén eu non son leal a esta negatividade que nos queren facer ver algúns medios de comunicación (dirixidos…) cando iles dende a súa poltrona nos queren levar a un canellón sen saída, mentres iles engrosan billetes e billetes “falsos” pra seu “bolso” ,
de pequenos ensináronnos o que era unha lealdade cara un ditador…, porén non nos ensinaron o que é a dignidade o respecto, cara a xente humilde, xente necesitada….. vendíanos que era a vida entre comiñas(así é a vida), porén baixo o seu paraugas, non o da realidade, mirabamos a outras persoas que non eran do noso entorno coma bichos raros e ninguén dicía nada, porén si ti os defendías ti ias fora do sistema, eras espírito de contradición, ….. ( exemplos eran moitos…..), ou si te poñías do lado feminista xa eras unha muller, un todo fundamentado na mentira, onde os homes nos iamos facendo ideas confusas, segundo ías crecendo, ensinábanche o que era votar un “polvo (follar)”, pra distinguilo do que lle chamaban o “amor”, levándote as prostitutas, e ese era o primeiro contacto que tiñas do que era unha muller, ensinábanche a beber, porque como dicía un anuncio era cousas de homes, esta é a lealdade que nos ensinaban, pra despois dicirnos que isto é a felicidade entendida por iles, ensinábannos a odiar o alleo chámese negros, xitanos….. por que non era da nosa sociedade, eran proscritos, razas inferiores, ensinábannos o maltrato animal…..e nos coma plebeos eramos leais a seus dogmas.
Por iso agora atópanse que nin iles mesmos saben o que a dignidade entendida coma un respecto a un todo.Viviron sempre nese estatus e non saben outra cousa que pensar en negativo (conclusións pra un domingo de xullo)
tempos de ledicia.....
Estabamos nunha soedade de un mundo perdido
de animalias humanas
que anacronicamente
eran inferiores as mentes craras.
Non abandonamos o barco
da esperanza, porque as gañas
son mais, cás derrotas, os sentimentos
son mais fortes cás mentiras, das que se nutren.
Non vamos de vítimas do pasado
que algúns queren vaticinar,
as vitorias empézanse de cero
pra tombar o despotismo férreo de olores putrefactos.
Seguen a gozar das mortes, das violacións…..
que son os que engordan o medo a verdade
porén os silenzos empezaran a saír
do túnel do tempo, coma a auga das fontes que brotan.
Ledicia….. as flores xa están nos campos
os días amence craros
as noites soan a música
e empezamos a educar dignidade…..
tormentas da natureza.....
Xa ves, mírote coma te miraba
e mirábate coma te miro
só que agora no destino
nos fan que nos miremos.
O pasado que desmémbrana
o odio, a luxuria, a envexa,
perante anos, hoxe buscan en nos
o rancor polo que, nos fixeron, !non somos iguais!.
Maña cando vos levantedes
xa fixen moito traballo, que non quere
dicir que chorara por voso
encontro coas miñas gañas de sentirvos.
Relativamente estamos lonxe
das nosas vivendas, outr@s tamén
o están, non é o mesmo que antes
cando a soidade abarcaba os balcóns de aplausos.
Ledicia….. chegar por medio do universo
a luz que faltaba a nosos lares expoñendo
a súa calidade de dama , que na mirada
que expón sobre crecer coma o POBO vai…..
birretes de cachola de fierro...
Fontes que brotan de ledicia
cubertas de finas herbas, que
agochábanse entre as miradas
furtivas que oprimían as mulleres.
Prestamistas reboleiros que agochaban
nas súas gadoupas, reloxos cubertos
de tempo que fará mañá, entre
as tebras das néboas molladas.
Príncipes derrotados pola súa
propia envexa, produtos de reis
que blasfemaban contra os POBOS
salpicando de dor e sufrimento.
Algoritmos estudados para romper
mentes sans, con xogos de poder
no que as mentiras que escoitaban
eran liñas de … que críanse deuses.
Ledicia….. entendín cousas
importantes na vida que non valen
oprimir os sentimentos, para que outros
se aproveiten das nosas felicidades…..
persoal e intransferible.....
Polo ar foi o vento
o vento da marola
que no seu lombo
levaba o peso da loita.
Polo ar foi o vento
levando mensaxes de ledicia
polas casas, etc…..que empezaban
con roñas e remataban verduliñas.
Polo ar foi o vento
descontaminando a polución
que tanto dano facía,
sempre será nosa respiración.
Polo ar foi o vento
levando mensaxes de ledicia
polas casas, etc…..que empezaban
con risas e remataban verduliñas.
Polo ar foi o vento
choviznando os prados LGTBIFOBIA
para que os herbívor@s manteñan
a comida a seu agrado.
Ledicia….. escoito o ar que vai
polo vento con agarimo
nos orgullece o seu musical
recital que 15M e 17M nos regala.
unha nai, son moitas mais
As bagoas choran
porén coma “dicimos”
as bagoas non choraban
o sufrimento dunha nai…
Mentres nos vimos ao mundo
choramos seu saber o porque
debuxamos a saída a vida
despois de estar buceando…..
A natureza vainos formando
nun corpo que nos vai dirixir
o resto da vida, porén cando
saímos un mundo escuro nos pechaba…
Crecemos pouco a pouco querendo
comer o”o mundo”, somos ceibes ata
que sombras nas mentes fan meladura
parando nosos soños, a nos dirixen coma ovellas…
En troco as mulleres sometíanas
a un só cometido parir e parir, cociñar e cociña
sen que o seu mundo existira
borrándolles súa historia pasada…
Ledicia…. conmemoramos iste
día unidas e unidos recordando o sufrimento
que tiveron por ser nosa cova
onde o seu tesón nos ensinou un mundo millor…..!!!!!
aferrarse a un cravo...
No branco estremecemento
que depositaches nas pisadas
que encubrías co tempo
os poemas que embargabas na estancia.
Non percorro os camiños
que aducen os sinistros labirintos
que xerminan nas praderías
que evolucionan no atlas do mundo.
E bicado os silenzos
outorgados polos pasos
estruturados por paisaxes
que perden o viño na sobremesa.
Naide chora as amarguras
que no teu tempo choraches
por unha flor que emerxe
da sabia que depositaches no meu cerebelo.
Non escuso o amor
da fraternidade amigábel
que realizou o rexurdimento
da verba verso para comer xamón con …..
Non esquezades que no bar
as oracións de cristo son blasfemias
impostas por xente que co poder na man
negaban a felicidade do POBO con retoricas…
a ignorancia non fai o camiño
o camiño faino a utopía de cada un/a.
caramelizar a vida!!!!!
Fontes que brotan de ledicia
cubertas de finas herbas, que
agochábanse entre as miradas
furtivas que oprimían ás mulleres.
prestamistas rapadoiros que agochaban
nas súas poutas, reloxos, cubertos
de tempo que fará mañá, entre
as tebras das néboas molladas.
Príncipes derrotados pola súa
propia envexa, produto de reis
que blasfemaban contra os Pobos
salpicades de dor e sufrimento.
Algoritmos estudados pr a romper
mentes sans, con xogos de poder,
no que as mentiras que escoitaban
era liñas de … que se crían deuses.
Ledicia….. entendín cousas
importantes na vida, que non valen
oprimir os sentimentos, para que outros
se aproveiten das nosas felicidades…..
esencia de vida.....
Golfo estas sendo…..
porque es un cabrón,
discrepo da miña soidade
vestida da de negro, con cores escintilante.
Non protexo a miña saúde
enganándome coma un neno
que quere xogar entre as rúas
cheas de solitarias partidas.
Acostume para sonar, o mesmo
que sona o POBO, cada un
individualmente coma xurdiu súa
historia, para renacer cun amencer.
A ansiedade non existe, mais que
no teu interior, produto das miserias
dos homes que non queren vernos
felices, con pouco entoamos liberdade.
Ledicia…..suspiramos por
nosos antepasados, sen querer saber
súas historias, para avanzar cara un
futuro sen rancores nin envexas…..