encerro dun mundo......

martes 02 marzo 2021

soño ou realidade

os barrotes dunha escada

devolveron a vida, a sabedoría

do ser  ante a irrealidade pragmática.

soño ou realidade

a forza mental imprimida

nos brazos, derrotaron

a malicia do poder do asfalto.

soño ou realidade

o medo incrustado

nun paseo a catro rodas

descubrín a verdade da mentira.

soño ou realidade

os ríos de inverno

levan auga…… onde os árbores

falan da tristeza dos humanos.

soño ou realidade

o chan disimula

a ciencia dos ollos pechados,

que se abren ante o atentado.

os periplos do tempo

adelgazan á memoria

do pasado, que con rapikoque

endureceu o ego dun paiaso.