outro neto do García opina......

luns 14 xuño 2021

Facer un análises dende o punto de vista do lado escuro, da historia é moi fácil, cando non se traballou apenas no bar, mais que en contadas ocasións, debido a que tiñan outras mesteres que era estudar...

Falar do bar García, teno que dar alguén que si mamou o bar dende pequeno, durante anos, e sabe o que é e foi o García, (que non quero dicir que os demais non o saiban, senón que outra opinión distinta).

Dicía que é moi fácil votar ao pasado pra recoñecer a historia dos 101 anos do García, facendo un artigo sobre alguén que non sabe da súa historia, e que fixo o artigo, baseouno no que lle interesaba, que era voltar ao pasado(...)

O García hai que falar de Javier e Eva, e seus fillos, e non de alguén que ningún dos netos temos nocións de quen foi, Javier e Eva foron quen lle deron aires novos ao García, creando unións entre familias...

Os seus fillos, foron o “alma mater” do García, dende que foron adolescentes, axudándolle nas tarefas, cando viñan os fins de semán... era o que se chamaba economía familiar, todos traballaban pra casa, sen ningunha prestación económica...

De isto podo falar eu que fun o que mas tempo levou o bar, sempre axudando, ata que meu pai se xubilou có levei eu xunto coa miña nai, porén isto non é o relevante, son historias dun pasado mais achegado do que a maioría do POBO, mais recorda, con todas as historias incluídas que se deron nesta época no García, (moitos/as saben ao que me refiro...).

facer un artigo onde se volver recordar o pasado de maría castaña, pois será moi bonito, pra unha casa que tivo historia, e que lles guste recordar, cada vez que se fala do García, porén non pra min, particularmente, xa que eu non estaba nesa época alí, pra poder falar do pasado, (inda co podía facer...)

Eu xa sei cá miña historia, polo paso do García, está en orsai , porén pra que non se esqueza, poño meu granito, pra que se saiba un pouco mais da historia do García, que non é Otero Pedrayo, nin os camiñantes cós acompañaron, os que fixeron o García famoso, nin o meu abo, do que si podo dicir, que foron dos que viñeron facer vida a Monterroso, de Antas xunto con outras familias de toda a Ulloa, todos arraigaron no Pobo, e todos hoxe son monterrosinos, como pasa en calquera Pobo de España, que arraigaron, nas cidades, ou municipios...

Podía seguir falando dos que rexeron o García despois, dende Nieves, (Antonio, Francisco, e Paz), todos eles teñen as súas historias pra contar, mentres rexeron o bar.

Non escribiría isto, si non fora, que xa esta ben, de falar do pasado do bar García, dos que hoxe en día non creo que haxa moitos no Pobo que recorden os anos 1920 e posteriores, por hoxe xa me excedín bastante......