piromanos

venres 20 outubro 2017

Agora afírmome porque suspendín o bachiller,

o “bloqueo” tíñao coa historia, despois

de ver o que estou contemplando,

os galegos choran mentres os demais avanzan.

Rapikoques son meus pensamentos

en días nubrados e chuviosos, onde

a ciencia podía explicar o sentidiño

das cousas sen poñerlle o porén a todo.

Ninguén fala dunha verdade por verdade

din as mentiras que se contan nos medios

xustifícanas, desenrólanas e despois queren

facerche crer ca vida pase en silencios.

Négome a poñer o carro diante os bois

non pola soberbia que puiden chegar a ter

nalgún intre da vida, non obstante no perdo

a cachola por non darlle a razón ós políticos que “temos”.

Vou silenciar a man que quere escribir

de todo menos medo, o que si me podo reprochar

non estudar certas cousas, por non saber de que

lado viña o ar e darlle sentido o Pobo rapikoqueño.

Aine, o positivismo futuro fala da

causa efecto, do desenrolo natural,

da vida un concerto, e do rapikoque

un sentir pleno onde o Pobo saberá a verdade cada cal.

abduçao

xoves 19 outubro 2017

Si na intimidade aborrezo

as verbas descritas por algúns políticos

que baseándose en mentiras históricas

queren deseñar banalidades gloriosas.

Non atopo remedios, a non ser malvados

dos que gozan da súa retórica, os lumbreras

que con unha afirmación ou negación

queren dar portazo a toda unha corrupción.

O mea culpa deber dicirse na súa

intimidade que cara o público

tapan con evasivas de frases

descritas na fala de quijote que Sancho rexeita.

Non esquezamos o Pobo co medo

trocou de bando e o que antes era

negro agora e de cores que voan

por nosos pensamentos coma sabia no castiñeiro.

Non falar das amarguras nin os

padecementos que son útiles que

usan coma arma de sufrimento

pra que choremos por súas animaladas.

Aine, que sinxelo é a vida si non fora

pola desinformación que escoito cada

vez que discutes con unha cervexa en

sitios de ocio que escoitan os serenos.

cortalumes

mércores 18 outubro 2017

Desmembrar a madexa de dous,

pra que o xersei de o froito de

amoedarse o corpo, coma si a lá

xuntase as ovellas pra escaparlle o lobo.

O anonimato de millóns de silencios

expostos a musicas de todos os cores

adiviñan os longos paseos, que por mor

das incertezas que despregan as pra voar.

A saude curativa non pregan

no curazón, avituallamento pra

memoria de esnaquizarse no só

coma o lume, ca auga apaga todo.

Pretender voltar ao pasado por

falla de ideas, para seguir dominando

a avaricia, os corpos expostos a mutilacións

de enfrontamentos entre irmáns, coma un premio.

Chegar a conclusión erradas por

entender ca filosofía escrita non

vacilaba en falar de que a mente desperta

non ten morriña o rapikoque do futuro que nos espera.

Aine, non filosofo erros adscritos

os poetas das distintas épocas, nin que

as mareas ruban ou baixen, porén si aprendín

co sol e a lúa son rapikoques do co mundo compracese.

Unión

martes 17 outubro 2017

Arden, arden, arden

5.000 anos de historia ou histeria

coa cultura do lume

sen estudar o porque se queima.

Son incultos, ignorantes ….,

o Pobo di as bagoas non choran,

porén cos baldes amansando

saen a rúa pra pedir liberdade ao monte.

Todo é medo e mais que medo

usan os labirintos da vida

a bondade do Pobo, mentres

se escusan en culpalos, cando son eles os terroristas.

Agóchanse na xustiza

coma alimento de súa ignorancia

chámanlle tolos ó sentir

da humildade co Pobo deposita no rapikoque.

Aplanemos das nosas memorias

os terroristas de guante branco

que agóchanse nas mentiras

con verbas cubertas de afagos.

Aine, desollo aos curazóns,

co Pobo sinte, ante barbaridades

que se cometen por defender un demo

que teñen incrustado nas súas mentes.

bonolandia

domingo 15 outubro 2017

Esbardallar, esbardallar,

cos vosos sonos non son realidades

senón mentiras impostas polas

acaloradas  femias da súa envexa.

Non lle corresponde a avaricia

de dous “monos” que por súa calaña

mente, dirixen a colocación dos pratos

na mesa, pra discernir si a culler ou garfo.

As ruínas aceleradas en descomposición

rebentan das cloacas o olor que desprenden

ao andar das persoas, que circulan

con moderación polas beirarrúas da vida.

O sentir do Pobo é tan barato

coma pode ser tan caro, so adiviñando

cós números xogan bazas cá realidade

enfronta na saude do seu corpo.

O fogo emprendido coas verbas

falseadas nas frases diagnosticadas

entre avatares superpostos en

reloxos ancheados polas mentiras.

Aine, intentan verter toda a merda

no Pobo, coma si fora culpable,

e seducen os Poetas pra que escriban

poemas falando da verdade.

congas

sabado 14 outubro 2017

A maioría de idade conséguese

cando a mente asexa un pasado

escuro que sen saber o porque

resulta que era negro sobre negro.

O futuro escrito derivaba na escoura

que co sufrimento de ser felices

outorgaba praceres pra alimentar

de desidia nosos curazóns oprimidos.

As lentas frases descritas polos

poetas adscritos as ceibes verbas

nunca deron posto a frase redonda

por non ser de todo ceibes as mentes.

O padal adscrito os sabores da

natureza que emanan da auga cás fontes

imprimen ó carácter da terra, a saude

cá vida proporciona aos vivos.

A sabedoría human chegada da

sobrenatural intelixencia artificial

pose o suficente cariño sobre o todo,

que embelece a vida da natureza cos cores.

Aine, os recordos percorren camiños

cá vida nos leva a andares distintos

porén xuntando as pisadas facemos

mundos nos que a liberdade triúnfe por se mesmo.

rapikoque

xoves 12 outubro 2017

O ruído das cousas naturais

que gozamos na casa, no traballo,

no mundo en xeral, é o divertimento

cos sentidiños poñen en alerta os espíritos.

Da chamada cas aureolas producen

no firmamento desenfrean unha luz

de cores verdosos ca nai terra respira.

nas miradas perplexas dos ollos cas admiran.

Os amores espidos depositados

en urnas mentais que ábrense

cando as damas bailan a danza

da dispoñibilidade no teu curazón aguerrido.

As llamas dos que queiman as nostalxias

dos Pobos reprimidos, onde verbas feridas

depositan o seu amor en anchas frases

onde os poetas se dirixen o Pobo con agarimo.

A lingua usada pra un destino

tradúcese as formas cas vocais

xorden dun olimpo vermello

co teatro reproduce sen espaventos por boca delas.

Aine, ! o amor a todo!, está en un mesmo

que narra a confianza en outr@ pra

que a defensa a natureza sexa proporcional

os beizos sobre beizos co sol e a lúa admiran.

Piramides

mércores 11 outubro 2017

Despois dun día, que cada vez

son mais apracibles, escórrome

pola vida da amada que impregna

en min unha poesía solidaria.

Despois dun día, en que nomes e apelidos

loitaron perante séculos pra tombar

dinosauros, politizaron a política extrema

con cores onde os sentimentos emerxían da nada.

O sentidiño me leva a xogos sen razón

que na miña mente se fan virtuais

sen chegar a desagregar o cinismo que algunha

vez poden outorgar a pensamentos non reais.

Vexo na túa mirada un soslaio

de esperanza cas verbas me oprimían

na desidia de embargarme nunha poesía

que do seu froito a liberdade fose pra vos.

O sorriso das noites despois de gozar

do día, enchendo de eloxios verbais

a decapitación de mentes escuras e malignas

vólvome a vosos ollos, coma amante, fiel da sabedoría.

Aine, sabes agora cos días felices

chegan cando as ceibes mentes pasan

pola auga co río lévame o mar do

amor que arranxa coa vida, a melancolía.

Irmandiños

martes 10 outubro 2017

A neboenta fresqueira que

aploma o coraxe, que no teu paso

regulas os meus sentidiños

rubindo o libido con cariño.

As eiras que barállanse

no fondo do salitre mariñeiro

cobizase no froito madrugador

despois de noites eternas de amor.

O bido axiliza as mentes

que desoen o conato imposto

por nais que co suor dos peitos

amamantaron ignorantes travesos.

As fontes da sabedoría

que empeñaban de amor lagoas

crecidas de soles frondosos sobre

as herbas machucadas de vaivéns lustrosos.

Carballa relucente por onde

a vista amansa os cores perdidos

por un horizonte aplaudido por

soños estragados por incultos.

Aine, o curazón resístese, de

cando en vez, por que os séculos

pasados pisaron tanta merda, co

amor resístese pra non alterar as feras.

Monarquia?

luns 09 outubro 2017

Dormen as raparigas

que nunha voda africana

soñan co seu amado, no

remanso do Ulla a veira do descanso.

Son fieis o seu destino

ao igual co seu amado

distribúen bicos o mundo

coma a auga chega os mares.

Tolean na penumbra da noite

con arbóreas musicais nos recintos

onde a sabia negra goza

das músicas da terra dos seus ancestros.

Os algoritmos se multiplican

nos silencios da noite amañecida

xuntándose de cores a festa

que envaíña gaitas nos pasarúas floridos.

Outras músicas daranse no tempo

onde as forzas naturais iran apoiando

o tempo, que con regulares melodías

disfrazan os verdes prados de columnas de ledicia.

Aine, temos sonos que conquistar

mais a fala dos poetas saberán poemar

as reliquias do futuro, terán que andar,

entre os cores democráticos co mundo percibe.

O Che, silencioso

domingo 08 outubro 2017

Che, as loitado coas armas

que matan a sangue dos capitalistas

esquecícheste loitar coas armas

da mente do Pobo que era o curazón.

Che, fuches o descubrimento que o

Pobo embargou o seu patrimonio

para gastar nas armas das letras

os sinónimos que os poetas percorrían.

Che, os cores do tabaco no fume

que expulsabas nas túas caladas grises

embelecías as doses que o Pobo

percorría na loita das bagoas que se perdían.

Che, as barbas, as lombas que subías, as toses,

que espremías na serra, co Pobo fale do seu legado

coma home de fala e non de armas,

que usou por non descubrir a esquizofrenia.

Aine, o amor cun home lle da

a loita sen armas, e proporcional o

cariño que un bico se da cando

dous asinan o amor entre os beizos.

dias felices

xoves 05 outubro 2017

As pisadas enfurecían os pés

que necesitaban un pouco de chocolate

que me amedrentara as enerxías

co vaivén do calzado sobre o asfalto.

Era un grolo tras outro

que difamaban vulgaridade

de combustible que precisaba

pra que o corpo aguantara a noite.

Os valados non os saltaba

porén as mans chegábanme pra subir

e baixar dos labirintos desfeitos

polos séculos das desgrazas axenas.

Rematei despois de varias

xeracións, que por falla de estudos

a vida che outorga unha sabedoría

cos libros esquecen pola letra sonora.

Mentres depositaba o cu nas cadeiras

oía os carros pasar coas vacas, os

coches, e de vez en cando unha cagadiña

que aliseraba o cheiro para un pensamento.

Aine, van xurdindo ao lonxe de

vivir, as mascaras dos ollos, que mentres

ollaba o espacio-tempo non vía a mirada

que me embargaba os sentimentos que van florecer.

Revolución Silenciosa....

mércores 04 outubro 2017

Fun, fuches e volvín

do letargo da noite

do anoxo de día

da resaca do amencer.

Despertei do soño

falei da esperanza

debuxei verdes cores, que musicaban

cos demais praceres da vida.

Lonxanos eran

na distancia,

precursores, avistábanse

sen dicir nada.

Noites así

degustábanse

un colibrí me miraba

o que aborrecía no silencio.

Alcume me situaban

pobre amañecía

ricos na espenuca,

aledaños bicos daba.

Aine, non todo o poder e de un

senón é de todos, sempre con mesura

e Democracia, onde abarcan futuros

desexos que imprime de carácter o poeta.

Mesura

luns 02 outubro 2017

Que feliz me sinto

duchándome a alta horas

pra asentir o enterro ecresial

que dominou o mundo entre bambolinas.

As liturxias que se leen

nos púlpitos xa non choran

ás paredes, pra que os que vaian

lles entre dores no pene.

Auga tibia mañaneira

desgrasa a pel do suor anterior,

có traballo saturado dos días

depositan partículas musicais de antano.

A preguiza avalaba distorsións

mentais, aos que se saian pol-a

tanxente, pra que os artistas se sentiran

todo ante a sociedade,  parabéns artistas.

Sigo na ducha gozando do amor

do meu amado, que inda que non está

si esta no recuncho do meu curazón

paseando pola chuvia de estrelas.

Aine, o vento cun día me falaba

pola rúa, mentres pensei que

me liberaba, dinme conta que sempre

me acompañou nos intres do teu amor.

MOITA DEMOCRACIA

domingo 01 outubro 2017

Escoito unha música relaxante

recórdame a auga da billa que bebía

e me sabía, hoxe descubrín coma

bebela e que me sepa á DEMOCRACIA.

Non sinto dores mais cós que vexo

nun día triste pra algúns e ledicia

pra o Pobo que se somerxeu

no mundo das adas escritas na fala.

Discorre pol-a miña mente

o sínteses dos negros escravos

que se usaron, coma forza de traballo, pra chegar

o meu pensamento e darlle unha liberdade absoluta.

Amor, sentir unha vergoña

dunha Espanha que tiñan

por grande, nun só día esborrallarse

todo tipo de liturxia cós séculos enfrontaron.

Amor, falar e falar dos soños

que todos escoitabamos dende a nenez

asubiamos entre un nocturnol que

deambula en liberdade pola natureza.

Aine, o sentir da memoria

e querer do teu Curazón

o amar das olas, e servir

e escoitarte entre bambolinas, ámote.

Catalonofobia

sabado 30 setembro 2017

Abrazo nas miñas mans

silenciosas e débiles, o teu

corpo arranxado polas primaveiras

co tempo amansou no amor.

O ver florecer de novo

as flores, que se acurrutaban

nun tipo de hedras, e oír

cantar o nocturnol coa saude de ferro.

Desbotar as miserias dos

nosos fogares, alumean ledicia

cos canto da xente, e discorrer

coma antes non podías nin pensar.

Volver nos silencios silenciosos

onde a desidia non se atopa

nin deixa recado da envexa

e o triunfo có Pobo outorga a noso pracer.

Veranear entre os estómagos

que se atorden de mel, equilibrada

polos curazóns das areas

có mar depositou co amor dunha princesa.

Aine, asubían as mañas cantadas

polos paxaros que non esquecen

co alivio se deposita entre as estrelas

do lunar posto na meixela dun namorad@.

Hispanofobia

venres 29 setembro 2017

Curazón sentín cando baixaba

pola rampla que levaba a festa

LGTB do Agrocuir da Ulloa, dun

salto, me introduxen nun mundo de sombras.

Pechados pola LGTBfobia que sabía

que alí existía, porén víanse certos

personaxes da farándula  dos antepasados,

vidas pasadas cós odiaban, e alí estaban.

Eran rexes de bastos vestidos

de traxes brancos inmaculados

pra tapar as historias dos tempos

que ennegrecían con traxes de defuntos.

Os persoaxes mesturados que alí

dábanse, dábanlle a vida  a un lugar

entre carballeiras ancestrais deportaban

a súa sapiencia pra  que a xente se divertira.

A música esbozaba ladridos de esperanza

entre os que alí sabiamos que xuntando

as familias involucradas en negacións

adoutrinaban cunha foto o solpor da noite festeira.

Aine, subjace o poder do Pobo

que con astucia e valentía recólleo

os restos que quedaron dunha festa

pra limpar da monotonía  o espírito do dor.

Avatar

xoves 28 setembro 2017

Escoito, a veces falo

outras veces me calo

outras sinto lágrimas

porén non estou só, pra sobrevivir.

Non dirixo a mente

como deus fixo en moitos

séculos, porén doulle a voz

ao Pobo pra que non sinta o meu padecemento.

Non son un reloxo

nin marco as horas

porén o tempo chora

si ti non moves un palmo da túa forza.

Perdo a rabia do enfrontamento

podo discutir coas ansias

de loitar co que eu penso

mais sei que ti podes pensar de outro xeito.

Na folga do meu pensamento

non descorro mais có mar co choque

nas rochas nin do masaxe que

produce sobre a area, porén, pensa ti.

Aine, vólvome belo, si nacera noutro

tempo onde a vida discorría sobre o

albor da mentira, porén penso porque

penso, que son unha luz de amor.

O Porvir

domingo 24 setembro 2017

Era un encontro moi casual

co sofá mais eu, estiveramos deliberando

quen dos dous pechaba os ollos

para dignificar os ditos que profanaban.

Despois de escoitar a amada

en pantalla, e coordinar co cerebelo

as opinións vertidas do día

escuseime no silencio, a foto que asentía.

Trocando o terzo, da noite

que envolve o vento, a fiestra

escoita o pensamento que cada

noite me mandas en forma de verso.

A horizontalidade co corpo deposita

sobre as sabanas, berran na almofada

duras loitas, ca música relaxa cando

a verba dos teus beizos me chega, o sono.

Esta noite o sono foi dun libido

exacerbado, estrepitoso, e grorioso

onde sen levar o río o mar

deixaches unha pisada no meu lar.

Aine, cada día có amor dos cantos

de sirena, chega ós corazóns, síntome

mais forte, pra loitar por unha vida

en que o futuro, reverta en todo, amor, no tempo.

A Vida así

luns 18 setembro 2017

Experimentando o dor

que producía as mans e verbas

nos corpos, reprimían as mentes

de forma que coartan as mentes.

As montanas da vida

agochan altos voos

que desmembraran

o cor da pel revolucionaria.

Os negros maltratados

que viraron en escusas,

maltratadas sobre o seu Pobo,

“ ignorantes” eran por súa escravitude.

Os brancos que desfacían

naturezas agochadas nos

preludios dos depósitos

amargados no mal xenio human.

A beleza humana

recolle o descrito sagrado,

en forma de circulo

pra desbaratar todo  o seu poder.

Aine, subtraio co noso amor

experimenta unha gloria non escrita,

co futuro saberá recoller con

unha gran alegría no Pobo.

Receos

domingo 10 setembro 2017

Matusalem morreu sen poder,

ao estoupar o seu refuxio natural,

quedou pechado nun circulo granxal

o cal alí se destruíu con dúas mexadas.

A xauría de algo, anormal

que estaba pasando no granxal

deslucía a festa, por non atopar

xente normal e ver pantasmas a todas horas.

A chuvia facía acto de presenza

co que os cartos descoloraban o paisaxe,

a bandeira de Agrocuir revestía o ceo

nubrado e adozaba as bebidas e alimentos.

As antigas costumes estaban

perdendo, quedando mortas morridas

ou mortas matadas, sobre o céspede

verde cos carballos tapaban súas sobras.

Ó xeran, lucio o sol e ían

aclarándose o día e o que antes era nubrado

agora relucía sobre as caras dos alí presentes

en forma de parasitos viventes.

Aine, que futuro nos esperaba,

coma seguir coa nosas nostalxias

nosos odios, nosas envexas, noso dor,

si a festa non fora a millor da historia sagrada.

Taxonomias

xoves 07 setembro 2017

A natureza, en forza

que algúns mandaban

coma castigo divino

sobre os Pobos oprimidos.

Encoran de chuvia

as zonas onde a opresión

do Pobo habitaban coidando

dos seus animais, vexetais, etc…. para supervivencia.

As forzas co ar producía

en forma de furacáns, etc….

solaiaban de bastos territorios

con loitas de xogos de azar, etc….

Os mecenas  discípulos que dicían

amainar en cousas terráqueas

enganando, co dor os Pobos

con cristos, deuses e demais tropelias ecresiasticas.

Orinemus, sobre as barbaridades

cometidas polos devanceiros que baixo

a batuta human dirixían orquestras

de dor coma si foran soldadiños de papel.

Aine, a afonía xurídica ecresial

de moitos séculos, enturba as

consciencias dos Pobos, administrando

xustiza onde rezan animaladas, etc….

Folla de lata

mércores 06 setembro 2017

O ar que flúe

require da vitalidade

co human lle impregna

a vencer o día as historias oídas.

A salubridade impostas

por séculos sobre razas

que foron asoballadas

por xentes que se rían das barbaridades.

O sor producido

entre artistas que narraban

as loucuras palpitantes

que depositaban nas tumbas as sinais.

As sombras esmoleiras

nos habitáculos mais inverosímiles

escudriñaban da historia

parcelas do poder que se repartían.

O holocausto persuasivo

da ignorancia do Pobo, por non

ser nin saber, eran discrepancias

entre xogos onde o poder gañábase ou perdíase.

Aine, a mobilidade aleatoria

disolta en partículas enxebres

zafase polo retrete coma

unha saude de xéneros inservibels.

A Vida é Futuro

domingo 03 setembro 2017

No polen estrutural

có mundo levita no horizonte

embarga bens, pra suprimilos

por fame os Pobos oprimidos.

Falamos moitas veces

da desvergoña cos vixiantes

incrueis subornan verbas alorrítmicas

que se depositan en excrementos.

a dozura dos teus ollos

abrazan un montón

de pracidas melodías

que subyacen do corazón.

A dozura dos teus brazos

envían as noites sosegadas

amenceres que aman as flores

que despertan letargos soños.

Ensinar ou aprender

diriamos vellos refráns

que enredan un malestar

que obviamos en sentir paixóns.

Aine, buscar no infinito

ou no pasado o millor del,

e atopar pra un futuro

o sosego visceral do amor.

Circulo Viral

xoves 24 agosto 2017

A desintegralo o corpo

que desvainou o acha

para sospeitar por o

prego da desvergoña.

A música tomou as rendas

dun capitalismo feroz

que choqueaba no resurxir

dos pobres inocentes do misterio.

O Salomón que rasuraba

os cabelos dunha forma

aturuxada, envolve a luxuria

que o pobo para eles tiña.

Verificar os desastres que

a polla restructurada de mel

enclaustrada en paleolíticos

enxame debuxan o amencer.

O porvir do adulterio, as violacións

provocadas por corvos amestrados

por honradez do Pobo, fai dos

séculos un morros paulatino enxebre

Aine, non sei o amor escoitado

na boca de uns a escoitalo

na boca de outr@s son despropósitos

que hai que entender e valorar.

Agrocuir

martes 22 agosto 2017

Asentando o disposto  polo

letargo do tempo que atrofiou

as mentes parasitarias, polos ordagos

reproducidos pola sintaxes  do pensamento.

Almas caritativas nos levaban

a sufrimentos impunes traspostos

por enxabres de formigas

moi ben deseñados no entorno familiar.

Elevabamos as incurias pensativas,

o dor que produce a morte axena

mentres os oligarcas daban pésames

incrustados no padecemento silencioso.

A envoltura ca vida nos ensina

despois dun neno que anda

ata co neno florece na madurez

atopámonos con traballos ditados

por unha plebe que desorienta ao revolucionario.

Os testamenteiros prescritos da liturxia,

acomódanse no medo, provocado

polo desterramento mental que produce

a sicoses envelenada do odio, entrecomiñas.

Aine, as barbaridades impostas

perante séculos por bárbaros humanos

seguían defenestrando mentes co afán

de reducir o amor por un medo secuencial.

Eclipse ciudadá

mércores 16 agosto 2017

Nesta historia de autoridades

recalcitrantes có seu destino

é a hipocrisía de xulgar

o inxulgabel pra abastecerse de premio.

Polémicas orneables, interactuar

coa precisión abarcada dende

o estado da embriagadez, é un

punto de inflexión a unha realidade cónica.

Baleirar de contido o sistema

pra que o Pobo aduza necesidade

de abastecemento coa presión

envolta na falla de sínteses global.

Enumerar recursos que saian

da terra, co afán de desmembrar

a inexistencia da man produtora

que serve de escravizar os Pobos de fame

Vulnerar os sentimentos apatrias

que nun intre dado é a persecución

do estado polo estado, e a insubmisión

do poder polo poder das crases imperiais.

Aine, teño morriña moitas veces,

cás falsidades recalcitrantes dos señoríos

non se volvan ignoradas polos Pobos

pra unha supremacía inxuizada por tod@s.

Moedason

domingo 06 agosto 2017

Doume conta que neste mundo

o homo sapiens non desenrola

a capacidade da mente, a hora

de vestirse cada día pra triunfar.

Eu non vexo auga que cae

nin vexo o reloxo que marca o tempo

só vexo a diminución política

do colectivo que amaina na verdade escrita.

Encouzar os escraches ficticios

que depende do soño rasurado

polas partituras cá música nos

outorga, no son, especulativo da vida.

A vitoria do Pobo é dura,

escatiman a dignidade sufrida

nas épocas creadas polas crises

cós enganaban, ese sufrir, con mentiras.

As novas impostas, se non sabes

oílas, poñendo o énfases no punto

acabas defendendo o branco coma negro

e vaste durmir coma un día ninguneado de medo.

Aine, de que vale o amor transcrito

por poetas sedentos de Paz

se a hora de que te lean

os silencios non se fan virais.

Liñas oblicuas

domingo 30 xullo 2017

Un vaso de viño

unha flor no lenzo

un prato na mesa

e un descansar pra o Pobo.

Os destinos solitarios dos chanzos

que sucan o ir do galego

que amaina co poeirento arrefriamento

que expresa a morriña do desterro.

A fabrica dos pensamentos

que igual ve un negro entre cartóns

cun branco con copas sedento,

o bonito sentarse a que chova co sol posto.

Verbas necias entran con aires

do porto, que envaíña o sable

pra agochar o porvir

das naturezas  envoltas nas discordias.

Deixo a dama que ten anaco

de fame, que engade os sos barrosos,

desprezo das elites, o vulgar

do recoñecemento da sabia pálida.

Aine, o sentir da man que escribe,

poliniza sen material o talento desconfiado

que xace dun amor entre comiñas

e un amor que vira entre soños.

Non mintas

mércores 26 xullo 2017

Terra enxebre dos pais

terra dos devanceiros

terra do mar que vexo

horizonte que vexo os meus sentimentos.

Galiza das mentes solitarias

Galiza dos mares silenciados,

soños espidos que blasfeman

poesía que dignifica a pachorra.

Entre pisadas transparentes

amaino o pesar da ignorancia

que me da o non entender

o silabario co can me ensina.

A terra ao norte

describe un mar poderoso

a terra ao sur

escoita as verbas do sentir do Pobo.

Estou no silencio da noite

embelecendo o paisaxe escuro

cunha vela que ensombrece o folio

para que o amencer sexa un respiro.

Aine, somos galeg@s que vestimos

de aureolas o mundo que nos pariu,

para regañarlle aos incultos políticos

cá sede non se combate con escravitude.

Limiar

domingo 23 xullo 2017

Agora xa non durmimos

cos sacos cheos, nin espertamos

escoitando o poder da nosa mente,

describimos un fantasma que nos polariza.

Empregamos tempo nos traballos

que cada cal rememora dende

un estatus que lle permite ese tempo,

logo voltamos a camiños correctos.

Nada me aflixe mais cun soldado

loitar por unha crenza que so

dispara a unha ignorancia que nos

proxectan mentiras impostas de frases enconicas.

Abrandemos a bandeira da desdicha

que separa os inocentes da verdade

das maos encalecidas polo suor

de perder o tempo en loitas fratricidas.

Pasemos da historia imposta por ladaíñas

que crucificaron o seu porvir, vendendo

súa alma ós imperios do mal, a cambio

de escenas onde o dor e práctica de vida.

Aine, non busquemos na historia o porvir

dun futuro, esquezamos a verba turbia

e dominemos os silencios que nos queren

perturbar os horizontes agochados en pensamentos.

bicos labrados

xoves 20 xullo 2017

Miro o mar,

búscote entre o mar

en calma, perante horas

ata ca lúa embelece a montaña.

O poder das odas mansas

que soben e baixan

coma calafríos che da

o corpo cando o ar move os cabelos.

Os barcos danzan salsa

co mar, musica co frenesí,

do acaneo que me recorda

soños de cando te vexo en silencio.

Volvo a vida rutineira

do Pobo que emanou das miñas

entrañas e vexo o céspede negro

do alcatrán que dispara rodas largadas.

Reto o desbocamento da noite

en calma que seduce de silencios

bagos que emanan das estrelas

agochadas entre as nubes sobrenomeadas.

Aine, embelezo as vacacións

dunhas experiencias outorgadas por

o pensar, onde andas, coma a lúa

cada noite ensínanos súa afable cara.

Amor es ....

luns 17 xullo 2017

O son do amor

que na liña da esperanza

che falo coma un ada

que embelece neste día un mar de alba.

No canto do silencio

enxebre dende o corazón

da Galiza envolvo os pensamentos

en cartas adaptadas á poesía.

As verbas que mandas

en recunchos descritos

pola afanada algorítmica

beleza dos teus ollos de princesa.

A sínteses de soidade

arraigada na multitude

de amig@s que non perden o sentidiño

de arrouparte polo mundo dun soño.

Onde te perdes co mar

que che fala, atoparasme

sentado mirando con belas razóns,

á espera.

Aine, poño un ar que limpe

as nubes para que a noite estrelada

se vexa dende un mundo recreado

dun amor que so nosos silencios aman.

Ciclo

xoves 29 xuño 2017

Isto é coma a ficción

convertese en realidade

de mirar o mar namorado,

as montañas galopando cara a nada.

Os fervellasverzas corpos

estacionados no descanso areal

esperan os raios afables

que lle deu á pel, cor de ambigüidade.

No posto de miramento que deposita

os meus ollos entre multitudes

estivais, abalan o benestar

da tranquilidade de beber, para non esquecer.

Digamos que na morada

do día pálido, non te atopas

nas estepas solvendo no corpo

mobilizacións que apaguen noso devir.

A espera dos amenceres

sobre longos días

reverte os poemas en longas

noites que se van dispersando amigablemente.

Aine, escúdome nas historias

pasadas que fixeron d@s humildes,

terreos de sufrimento pra que o benestar

de algúns, foxe a súa panacea estatal.

Alto ó fogo

mércores 28 xuño 2017

Vin, produto do calor,

cás temperaturas producían

nas mentes, un estado de hipocrisía

do que aplaudían sobre se mesmo.

O calor venera o corpo pegañoso

con gas de ducharte, porén claro

si falla a auga, que deriva

lle damos o noso corpo espido.

As bolboretas voan zigzagueando

coma ti envolves a mente nunha

vasilla de serraduras por non perpetuarte,

de que educarse levanta o teu espírito.

Non dar a man a quen cha

ofrece con cariño, e coma remar

sen rumbo cara un desconcerto

da túa personalidade que é necia.

Involucrarse na realidade que non

ves porque so miras o teu ben

coma lucrarse da sabedoría dos

inocentes que envían mensaxes de Paz.

Aine, doume conta que moitas veces

as verbas inflan os oídos de buratos

que se esparexen ás imbecilidades

que se recollen, so escoitando sentado.

Apoxeo

martes 27 xuño 2017

Tes montado un reloxo

no xardín que as arañas

van tecendo segundo ti vas

creando o teu perfil.

Vendemos o noso ego

cós caprichos que nos

regalas levándonos

ós territorios perdidos

Estudamos pra enriquecer

o paraugas que nos tape

da incultura que ten o Pobo

que baixo o voso mando cree.

Escúdaste na hipocrisía

que alimentan os babecos

que creen co mundo e dos

que patean a ignorancia dos capitais.

Somos os burros que nos pegamos

ostias entre tod@s bautizando

a desvergoña dun deus que coa súa

alma disipada na mentira dos creadores.

Aine, a filla dun ogro

que padece a enfermidade de ser

fill@ dun emigrante dun pais deseñado que

se mira superior o resto dos humanos do mundo.

Perixéu

luns 26 xuño 2017

Móveme o rock que levo

nas veas, de cando en vez

sinto a batería nos dedos

que marcan o ritmo da loucura.

A maleta que esqueciches

na vella casa que te criaches

ata que decidiron enfrontarte

os camiños que lle chamaban liberdade.

Ser un refuxiado plántexa

dinamita moral para o Pobo

cos acolle, por medo a perder

a súa avaricia cara os demais.

Os necios promoven virulentas

batallas buscando o manxar dos Pobos

mentres eles xogan a facernos crer

que son os salva patrias da sociedade.

Alimentámonos de que?

das sustancias que nos venden

como prato forte, ou nosa humildade

pra espallar negras sombras na vida.

Aine, o mundo fálanos de que

a unión de tod@s é imprescindible

pra parar a salvaxe opresión que lles

están insuflando a terra.

Apócope

xoves 22 xuño 2017

Non te agoches entre as néboas

con verbas que me queren enganar

si xa sabemos tod@s por onde

te moviches no onte pasar.

Descualificar, cando te ves acurralado

é de covardes que buscan o enfrontamento

entre o teu yin e o yang

e non te podes reprimir ante o teu macho.

Desagregar o teu itinerario

polas frases que soltas

cando seduces o persoal

con un alto silabario de unhas copas.

Escoitar a deriva que blasfeman

os sucos depositados no lixo

que durante anos ensuciaches a terra

de vómitos que che saian da boca.

A sesión rematou cuspindo

a teu propio Pobo que che segue

dando un apoio, onde o seu medo

esta secuestrado or mentes daniñas.

Aine, nunca dubides que a soidade

non esta sola, o acompañamento das

letras, serven pra perder o medo

que a razón da verdade nos dá.

Escarnio

mércores 21 xuño 2017

Ningunear a picada do que

esperas, o suicidio da planta

que te sangra pola napia

os gritos alterados da voz.

A razón non a perdo

por que  te calas entre néboas

que escóndeste entre a malicia

dos espíritos que te adoraron.

A redundancia que fas da hipocrisía

esqueces que fuches un neno

perdoado pola desnutrición

dos silabarios escritos no teu destino.

Formouse un desequilibrio mental

no teu horto cas leitugas que saen

verten sabia negra sobre as túas

veas que espárramas sangue no iris.

Non barrenas, deste poema

que mereces por apremar o Pobo

loándote na vil vinganza

a unha flor que se revirou ao teu pensar.

Aine, escóitame, apártate dos virus

dos homes que te queren aterrar

nun deserto de auga, con soños

de esperanza, que van pra o caixón.

Eucalipto

mércores 21 xuño 2017

Intento percibir unha música

que oio cada amencer co sol

sae e pelegrina polo mundo

e me retira a lúa, a soñar contigo.

Abrázame de suspiros

que enlouquezan as montañas

da paixón de mirar dende unha

terraza os solitarios sons.

Acompañarte nun destino

sedento de flores fermosas

que emulan longas caricias

a un mundo de amor.

Din que chegar cando se vai

e volver cando se regresa

e a ruta co poeta atopa

de cando en vez te miro ós ollos.

A realidade fornecida dun tempo

a realidade envolta nas verdades

sorrímonos das mentiras expostas

polos pensamentos que flúen sen razón.

Aine, embelecer de historias a vida

onde non existe un amor sen cor

que aplaudan, as verbas os soños,

que desposemos un día de sol.

Ouro

domingo 18 xuño 2017

Server en verbas

os desequilibrios mentais

carrexados por diagnoses

técnicas das mentiras conxunturais.

Desterrar da sinopses

patriarcal imposta por culturas

enraizadas na altiveza enfermiza

sería un troco a un estado emerxente.

Inflar de cores os globos

que se somerxen nun ar contaminado

por unha industria que non valora

as consecuencias provocadas na terra.

Ensilar de doses alimentaria

estereotipos de falla de rigor

dos alardes nos andeis

impregnados de mafias que xogan co dor.

Non quero sustentar unha poesía

vertida na desvergoña do Pobo

que nos cría coma inhumanos,

senón nun amor por algo tan simple coma a vida.

Aine, as forzas brutas da natureza

non nos oprimen nas súas andainas

senón ca actitude egocéntrica nosa

facemos que derive nunhas náuseas retóricas.

Zafiro

xoves 01 xuño 2017

Reparto necidades dos traxes

que colócanse con astucia

da man que limpa os residuos

excrementais dos que se creen superiores.

Os recunchos déspotas

que cernen sobre homes

que creen ca muller e mero

orgasmo para lucir en antena.

Os paseos ca vida dá

o longo da vida esquecese

do neno inocuo que amasaba

ideas sen sentidiño do troco climático.

Neveiras recheas de baleiros

alimentos, castigan a poboación

con sedimentos televisivos

que engordan a barriga de suspiros.

Movementos persistentes vencen

lacras humanas deterioradas polos

recursos impertinentes dos raios

frondosos que abrandan as noites.

Aine, resiste das falacias

que embargaron por séculos

as mentiras impostas por un deus

que so escribiu dun  xeito a historia.

Asolagar

luns 22 maio 2017

Retorzo os anos inculcados

polo paso do tempo,

pra esmergulharme no novo século

onde te vistes coma flor da primaveira.

Necesito dar paseos

por desertos pedregosos

que me ensinen a sabia

do teu corpo, dos limites do sufrimento.

Engordo unha barriga

seducida por un anacronismo

que avala o logaritmo que

entoa o polifacético xurdir do mundo.

Entrar en teu reduto

sedento de amor

prende o fogo

que alumea o porvir do corazón.

O trasfego que sitúa o amencer

das verba escrita non dita

polo Pobo, por medo o alacrán

que rompe as vestiduras indignas.

Aine, acarunchar as vertentes,

cunha gota de auga seduce a sede

do territorio que chora liberdade

entre as areas perdidas da vida.

Encantamento

mércores 17 maio 2017

Vexo unha boina

sobre teu cabelo esmeraldo

onde a igualdade substantiva

subjaze sobre o tormento namorado.

Deposito sobre o recuncho

das cidadáns de xénero

que coa solidariedade humana

expoño o concepto heterosexista.

No escenario da humildade

no congreso dos visitadores acusadores

con pensamentos de garabata

transforman o solo, do ego.

Os obstáculos impostos por réximes

acompañados de falla de hixiénicos

papeis esgotados por familias

que están descompostas de billetes.

Todos pensamos o mesmo

no entorno do mundo

na conciencia de xénero

diría teu clítoris é teu.

Aine, hai un sentido económico

que non pensa no sentido famento

porque che regala un caramelo

pra que dulcifiques os sentidos, e non pensemos.

Polución

luns 08 maio 2017

Escórrome polos labirintos

do palacio que ninguneaban

as dores dos escravos e sostiñan

a plebe cos seus cantos de traballo.

Envolvo as bagoas

entre tinaxas sufridas

que con súas mans de vida

alimentaban as criaturas que non rían.

Os pes ennegrecidos das pisadas

furtivas, que sobre camiños

aleatorios, agochábanse

na penumbra dos silencios.

Os pertinentes balanceos

que asexan o mundo que temos

encobren pasadas historias

que impiden o rexurdimento moderno.

Pobos almacenados de sabedoría,

intelixencia, e cordura

acarúnchanse as mentes

chupando as neuronas esquecidas.

Aine, o sol que nutre

de cor os destinos

enraizados na terra

algún día afloraran coma teu amor.

Cravos

martes 25 abril 2017

Non toleramos incongruencias

cós virtuosos impregnan

en bater as ás apagadas

pola sedución da envexa.

Renunciar a un soño

que deriva nun eu humano

que proe nas verbas

desequilibrios agochados no parágrafo.

Enredar con andares pausados

aluvións de pensamentos

que reflicten no día a día

os silencios que outorgan resistencias.

Almacenar en historias vividas

os logros alcanzados co suor

da sangue, produto da sicoses

líricas cás damas producían en poesía.

Enarborar as bandeiras pacificas,

emblemáticas da xuventude

perdida, polo desterro proposto

por sinistros cubatas adulterados.

Aine, cantan as sirenas

que adormecidas polos séculos

empezan a nesgar nas feridas

produto da delincuencia machista establecida.