6.6....

mércores 30 maio 2018

Saímos do Pobo coa maleta

cara un mundo novo, a vida

e dura, nos introducimos na sociedade

e cando nos damos conta, onde queda o Pobo.

Levamos unha vida sen problemas

que nos atenace a dignidade, que me

importa, os veciños, si eu estou no meu

mundo de avaricia, onde todo é “luxo”.

Referendamos noso estatus coma insolentes

burócratas, que na nosa posición non podemos

diagnosticar  as barbaridades que se están

cometendo, porque somos parte do noso pago.

Quero volver ao Pobo, onde os ríos eran

ríos, onde as persoas eran persoas, onde

os noso problemas arranxábanse coma os dos

demais, nembargantes estou perdido, non me atopo.

Chega un intre en que a vida é

de rosas, que loitan sen descanso por un

mundo millor, porén cando nos damos

conta estamos sentados no sofá mirando pasar a vida.

…. non esquezo que reteño meu pasado

que busco un futuro, mais non me agocho

por loitar por min, senón polo mundo que temos

polo que nunca me rindo ante as inxustizas axenas.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado