a enerxía non se destrue, armonízase......
verbas que van de baleiro,
andares seguros, de amenceres
fríos, árbores que seducen o
vento, pra renovar o vestiario.
vías que atafegan as rodas
na tensión do condutor, no que
a prudencia faille pensar que
ir a modiño é o millor.
horizontes expectantes , que regan
proxectos novos, que inverten
no desexo da humildade creada
polo soño do individuo ante o “amor”.
respostas da vida que envolven
miradas entre os cristais da fala,
permitindo ó océano da sabedoría,
que ilustre baleas entre divas.
bálsamo florecido que engulen
poemas adscritos a redacción
pronunciada pola lingua da razón
do entendemento das experienzas compartidas.
espallar a cultura educacional
dos egos, e das colectividades
enxalzan non só o de un ou unha, senón
o de todo o mundo da fala de cada POVO.