a lóxica ilóxica

martes 19 decembro 2017

Descendemos das terras

que emanaron fortaleza,

que nos alimentaron sabedoría,

nosa loita é a rexeneración dela.

Proxectamos instrumentos pra nosa

calidade de vida, non obstante non nos

paramos a pensar nas consecuencias da

deshumanización de quen as traballan.

Empapelamos de cores nosas

mentes, con salvocondutos de

propaganda, malgastando

en compras que van pra o faiado.

Solucionamos os problemas de amizades

con unhas etiquetas de requirimentos

ambiguas, que a hora de imprimir

a razón, cada un mira pra outro sitio.

A especulación leva dobre sentido,

por un lado desfacer o estabrecido

e por outro votar do territorio

os mal nacidos, digamos o Pobo oprimido.

Aine, a sinxeleza das verbas

diagnostican a crueza da razón,

non obstante deben servir pra abrir

camiños na mente, onde a “luz” se impoña.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado