Abázcaro

mércores 09 maio 2018

Non sentir medos entre

os silencios dunha noite fermosa

é coma avanzar nunha revolución,

os síntomas de estar na crista da vida.

As veces trabucámonos con decisións

cás leis nos prohiben, son ansiedades

do corpo que non regula a mente, pra

non estorbar os semellantes, perdón e corrección.

Redefinir verbas soltas

que dignifiquen o sentir

dos Pobos, engrandece as frases

plasmadas nos libros d@s poetas….

Que valentía amencer na cunca

que reverte de sabedoría cando

a imaxinación dos soños seducen

o inxenio do rapikoque en todo un gozo.

A corrupción preponderante dun

goberno apoiado por clases dominantes

que cren nunha constitución adulterada

pra seus caprichos turbios e desesperantes.

Axexando teu corpo entre as

odas da ducha, imaxino un mundo de ás

que voan con mesura entre as

paredes da vida.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado