Agrocuir

martes 22 agosto 2017

Asentando o disposto  polo

letargo do tempo que atrofiou

as mentes parasitarias, polos ordagos

reproducidos pola sintaxes  do pensamento.

Almas caritativas nos levaban

a sufrimentos impunes traspostos

por enxabres de formigas

moi ben deseñados no entorno familiar.

Elevabamos as incurias pensativas,

o dor que produce a morte axena

mentres os oligarcas daban pésames

incrustados no padecemento silencioso.

A envoltura ca vida nos ensina

despois dun neno que anda

ata co neno florece na madurez

atopámonos con traballos ditados

por unha plebe que desorienta ao revolucionario.

Os testamenteiros prescritos da liturxia,

acomódanse no medo, provocado

polo desterramento mental que produce

a sicoses envelenada do odio, entrecomiñas.

Aine, as barbaridades impostas

perante séculos por bárbaros humanos

seguían defenestrando mentes co afán

de reducir o amor por un medo secuencial.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado