Ahed Tamimi....

venres 03 agosto 2018

Nas bodegas das infamias

o cristal roldaba pola mesa, e bicando

os alí presentes con historias feitas pra

usalas nun presente de sufrimento pra o Pobo.

A estupidez dos falante, envolta

en mecanismos que chegaban ao alto

da pirámide, enfrascábanse en volta

ao pasado pra redefinir o seu futuro.

A falla de iso que tanto admiraban,

o control human que era iso de xogar

coas calamidades, coas guerras, etc….,

e encubríndose nas organizacións que eles mesmo creaban.

As posturas tomadas sempre eran

iso, sempre pra o mesmo lado, deixando

o resto, e dicir o Pobo que se sumira

nun caos permanente, entre loitas entre eles mesmos.

O bucinazo da desesperación chegou

o despertar as señais de identidade

human, que coa eficacia dun silencio

enraizaba a súa sombra no paraugas descuberto.

…. o sentir nunca perdoa,

a rabia non destroa,

só os soños fanse realidade

cando nosa utopía é a inspiración de cada un.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado