algoritmos en positivo......
martes 26 xaneiro 2021
escoito, escoito,
música que me distrae,
que me poetiza,
que non sinto as verbas, porén si a voz.
escoito, escoito,
música da terra,
que me ensinaron
que hoxe descubro, con moita pena.
escoito, escoito,
coma se serven dunha cultura
que reina no espazo
coma si outras, fora de segundo plano.
escoito, escoito,
có reto é moi apetecíbel,
pra enfrontarse a dilemas
que veñen dun pasado obtuso.
escoito, escoito,
que vibra a morriña, que desperta
da paixón, de músicas que teñen seus egos
pra ensinarnos outros tipos de emocións.
escoito, escoito,
que non é unha critica, senón unha construción
que positiviza un pasado, presentando
un presente de moito “amor”……