Amor es ....

luns 17 xullo 2017

O son do amor

que na liña da esperanza

che falo coma un ada

que embelece neste día un mar de alba.

No canto do silencio

enxebre dende o corazón

da Galiza envolvo os pensamentos

en cartas adaptadas á poesía.

As verbas que mandas

en recunchos descritos

pola afanada algorítmica

beleza dos teus ollos de princesa.

A sínteses de soidade

arraigada na multitude

de amig@s que non perden o sentidiño

de arrouparte polo mundo dun soño.

Onde te perdes co mar

que che fala, atoparasme

sentado mirando con belas razóns,

á espera.

Aine, poño un ar que limpe

as nubes para que a noite estrelada

se vexa dende un mundo recreado

dun amor que so nosos silencios aman.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado