analóxica a demanda

venres 20 xullo 2018

As vitorias interiores do ser humano

discorren polos vaivéns do mundo, coa

forza suficente coma pra derrubar unha

pirámide adscrita as forza opresoras dos cregos.

Espelir mulleres, espelir homes

os pensamentos derrúbanse con iso

e florecen coa fermosura da lingua

creada polos Pobos, pra embelecer o futuro.

Os dominios constantes recheos de buratos

impostos dende púlpitos dourados, que

amolan ao Pobo a enfrontamentos, marcados

pola envexa, luxuria, etc…., nun mundo doloroso.

A estudada situación aseverou unha realidade agochada

no noso interior, que eran negras sombras que  perturbaban

o vivir cada día de quen a sufría, descuberta a rabia desaparece.

Achando espazos-tempo nos intres

nos que vivimos, escoitamos lacazaneares

que tonifican as verbas pausadas

no que os salaios impregnan de vida os palpados.

…. Achégame a sabedoría coma a tod@s

e reencher os círculos de cada un@

pra engrandecer un mundo que sufriu un pasado

e darlle unha moral futura, dos sistemas apropiados.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado