apotropaica activa

sabado 14 marzo 2020

Estaba soñando que na cova

pisaba a cruz, que me tiña

atormentada dende que escoitaba

voute follar nena, con que non te…

Foi verdade que pasei a cruz

e non volvín escoitar as frases

malditas, que non sabían de onde

procedían, era abrasar o pensamento…

Os pés leváronme a mirar as mentiras

que sobre meus ovarios discutían quen

era o rei de ouros na partida que faltaba

por xogar entre ríos de mentiras…

Parlaban e parlaban mentres eu na esquina

dunha barra miraba coma braceaban,

para poseer  o manxar  que levaban

a península  e deixaban as “mentiras”…

Ledicia….. fíate de que o río sempre vai

ao mar, cando o miras dende a superficie,

si o miras dende o interior non te

fíes, que pode mentir, ás túas ilusións.

 






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado