Apoxeo

martes 27 xuño 2017

Tes montado un reloxo

no xardín que as arañas

van tecendo segundo ti vas

creando o teu perfil.

Vendemos o noso ego

cós caprichos que nos

regalas levándonos

ós territorios perdidos

Estudamos pra enriquecer

o paraugas que nos tape

da incultura que ten o Pobo

que baixo o voso mando cree.

Escúdaste na hipocrisía

que alimentan os babecos

que creen co mundo e dos

que patean a ignorancia dos capitais.

Somos os burros que nos pegamos

ostias entre tod@s bautizando

a desvergoña dun deus que coa súa

alma disipada na mentira dos creadores.

Aine, a filla dun ogro

que padece a enfermidade de ser

fill@ dun emigrante dun pais deseñado que

se mira superior o resto dos humanos do mundo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado