asíntotas

xoves 03 outubro 2019

Deixo o teclado do pensamento,

cos dedos bifurcan polo retrato

da imaxe que me mira, sobre

os destinos dos ollos que me deu miña nai.

A música sobre meu corpo

move as mans no teus estados

de estases rapikocados polos

sonos que de nena imaxinabas.

O vento da trompeta

que regula os bicos mollados

sobre o meu corpo esperan

o pracer de contarte ese nome.

Non sabes nada dende “arriba”

que nos ensine algo da vida

que non sexa envexas ou luxurias

que fagan das bagoas túa vida.

Ledicia…. esaxerar o que pasou

e o que pasa, e describilo fai

falla novelas individuais de cada

grao que foi torturado por un sistema.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado