Ata Sempre....

luns 28 novembro 2016

Non te choro

aínda que choro,

non noto túa perda

aínda que experimento un gran oco.

Os tempos pasados

foron moi duros

a loita foi día a día

e os silencios xa foron esquecidos.

As barbas enchíanse

de tolas verbas co mundo

as entendían coma falacias

que se voltaban en si ideas preconcibidas.

No esquezo o que aprendín

do Pobo que amaches e ensinaches

a dicirlle o mundo, que non erades perdedores

senón gañadores do sentir de moitos Pobos.

Hoxe non che choro

mais ca os que choro, perdidos

en batallas ou de familia-amizades

que a eles lles dedico esta poesía.

Aine, cando alguén de vai

nos quedamos co recordo en vida

polo que o sentir das súas ideas

vense plasmadas no Pobo que algún día o visita.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado