Bazares democráticos

luns 14 maio 2018

Non escravices os sonos

si perduras na esperanza,

pra achegar a bo porto

o desexo de levitar por si só.

Os estados de benestar crean

programas públicos pra a poboación

que a privatización desmantela dándollo

aos lobbys, que receitan a indignación.

Amordazar as verbas

adoutrinando os resultados,

perseveran as ideas

e manteñen o Pobo encarcerado.

A cotianidade nos leva

a encorsetarnos por falla de rols,

que debuxen un escenario que

regule os tempos, sen esquecer o traballo de campo.

Non revolvo o axioma

que envelena a acidez

asentando a escoura

nas fauces da prepotencia.

Exceder na excelencia

encuberta de desafíos

perennes que recollen

os pensamentos cada mañá.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado