bicos labrados

xoves 20 xullo 2017

Miro o mar,

búscote entre o mar

en calma, perante horas

ata ca lúa embelece a montaña.

O poder das odas mansas

que soben e baixan

coma calafríos che da

o corpo cando o ar move os cabelos.

Os barcos danzan salsa

co mar, musica co frenesí,

do acaneo que me recorda

soños de cando te vexo en silencio.

Volvo a vida rutineira

do Pobo que emanou das miñas

entrañas e vexo o céspede negro

do alcatrán que dispara rodas largadas.

Reto o desbocamento da noite

en calma que seduce de silencios

bagos que emanan das estrelas

agochadas entre as nubes sobrenomeadas.

Aine, embelezo as vacacións

dunhas experiencias outorgadas por

o pensar, onde andas, coma a lúa

cada noite ensínanos súa afable cara.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado