binomios de paletilla

mércores 03 xaneiro 2018

Atopar raíces que minervan

na sínteses do ozono que nos

da vida, non é desperdiciar

as miras que podes ter no futuro.

Embarcarse nun horizonte

que demanda actitudes honestas

sobre eidos floridos de cores

que se adestran con moita cultura.

A rocambolesca batalla adscrita

ao pensamento, atribúe síntomas

que despexada as incógnitas manteñen

unha canción na súa pura dicotomía.

Lembrar episodios distantes

no tempo que fixo nos atenuantes

discursos, parafraseando tolemias

que rachaban a constante indignación do Pobo.

O fornecido aderezado de virtudes

colosais, aporrea ás burguesías

enclaustrando períodos que por si

eles emanan do pasado retórico.

Aine, desligarse dos remuíños

mentais, ocasionados por directrices

que buscan un rei inexistente

entre os poderes fácticos da vida.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado