birretes de cachola de fierro...

xoves 28 maio 2020

Fontes que brotan de ledicia

cubertas de finas herbas, que

agochábanse entre as miradas

furtivas que oprimían as mulleres.

Prestamistas reboleiros que agochaban

nas súas gadoupas, reloxos cubertos

de tempo que fará mañá, entre

as tebras das néboas molladas.

Príncipes derrotados pola súa

propia envexa, produtos de reis

que blasfemaban contra os POBOS

salpicando de dor e sufrimento.

Algoritmos estudados para romper

mentes sans, con xogos de poder

no que as mentiras que escoitaban

eran liñas de … que críanse  deuses.

Ledicia….. entendín cousas

importantes na vida que non valen

oprimir os sentimentos, para que outros

se aproveiten das nosas felicidades…..






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado