caramelizar a vida!!!!!

mércores 22 abril 2020

Fontes que brotan de ledicia

cubertas de finas herbas, que

agochábanse entre as miradas

furtivas que oprimían ás mulleres.

prestamistas rapadoiros que agochaban

nas súas poutas, reloxos, cubertos

de tempo que fará mañá, entre

as tebras das néboas molladas.

Príncipes derrotados pola súa

propia envexa, produto de reis

que blasfemaban contra os Pobos

salpicades de dor e sufrimento.

Algoritmos estudados pr a romper

mentes sans, con xogos de poder,

no que as mentiras que escoitaban

era liñas de … que se crían deuses.

Ledicia….. entendín cousas

importantes na vida, que non valen

oprimir os sentimentos, para que outros

se aproveiten das nosas felicidades…..






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado