CHICHO....

venres 01 xuño 2018

Aquel dia nun paisaxe pedregoso areal,

de montañas que me falaban

mentres sentado unha sela

te decidiches sen saber, a lembrarme o pe.

escorríaste cada vez que nos

vías coller a cámara, sen entender nos o

porque o facías, hoxe despois do tempo

coido que era por que querías estar no anonimato.

Poñíaste a noso lado

mentres cociñabamos pra que

che deramos un algo, coma dicindo

co Pobo esta pasando fame…., !pensa poeta!.

Esperábasme a que despertara

pra que te sacara a facer as necesidades

pra voltar xunto teu amo

que durmía pracidamente un sono de sonos.

Fuches pra min un sosego de Paz

que me abriches a mente pra que

as miñas mans pintaran cadros

dun significado que nin eu mesmo pensaría.

…. estiveches coma un confidente amigo

que almacenabas historias, e xogabas

cun gran sentido fodendo os coxíns pola

falla dunha amiga, pra goce dos soños, bicos amigo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado