"cine mudo......"
claqueta, son, xa, empeza
a función, érase unha vez
os homes que gobernaban o mundo
sen piedade, a envexa, a destrución…
claqueta, os séculos pasaban…
a vida cada vez mais controlada, o POVO, a fame
as guerras, o dominio das familias, as sombras
agochadas , por todos sitios… vixiaban.
claqueta, o tempo que lle pasa?
esta coma fora de si, porén vai
facendo o mal a quen?..., os nenos falan,
limpa teñen a mente, non saben, porén falan…..
claqueta, as escravas do sexo,
as escravas da familia, as escravas
dos soños perdidos, as escravas da
razón…… sempre en segundo prano.
claqueta, o mar tamén fala, o paisaxe
tamén fala, os ríos tamén falan,
os animais tamén falan, as plantas tamén……
os astros tamén falan, o firmamento tamén falan……
claqueta, non é frío
o que teño
nin calor o que padezo
es ti, que me enfermabas, co tempo, home.