clara cultura

domingo 22 outubro 2017

Saquen á letra a música

saquen á música a letra

escoiten todo xunto e verán

que lle fala nun idioma entendíbel.

Agora escoiten os silencios

da música e escoiten os silencios

da natureza e verán que oen

os cantares da noite nos seus sonos.

Vexan un cadro co marco posto

diralles unha cousa que foi historia,

agora vexan un cadro sen marco

diralles o que o pintor realizou na obra.

Toquemos a guitarra, o piano, etc….,

unhas veces nos farán chorar

sen bagoas, outras nos farán bailar

todo son expresións co artista, fala.

Miremos o nacer do día

miremos o anoitecer da noite

que sinala o pensamento poético,

o que cada un quere pensar con ou sen….

Aine, si os políticos foran artistas

que plasmaran a realidade co Pobo

quere oír “verdades”, serían grandes artistas porén

ou non obstante non é así senón todo o contrario.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado