cloacas turbias

martes 22 maio 2018

Apolillar sentimentos que crecen

é desvirtuar a realidade que

emana do sentir do Pobo

arraigado na saude que ostenta.

A industria non repara nas

consecuencias medioambientais

que lle fan a natureza, todo co afán

indignante de ingresos a troco de destrución.

Enumerar soños inarrabels

que despeitean os sentimentos

coma a auga espallada polos

corpos laureados, dos seus sufrimentos.

A esquerda confunde o que é “coherencia”,

iso é a trampa do capitalismo, non entender

iso, è non entender o que significou o 15M

nin o que significa “Podemos”….

Vou ser incoherente con migo mesmo

porque si son coherente estoulle dando

carnaza, a quen se vai aproveitar da miña

ignorancia, polo tanto resolvo o dilema.

O Pobo ten que apreciar nas verbas

a intelixencia delas, porén tamén ten

que descinguir cales son as que te atrapan nun

labirinto, que te pecha en bloque, coma no pasado.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado