Compañeir@

mércores 13 xullo 2016

Escoito a música

mentres tomo un café

asubíolle a vida

que me da pracer.

Esgótome dunha sabedoría

co Pobo enche de medo

cando deposita no cesto

as ansias de liberdade que non exerce.

Plasman sobre a tinta do

cerebelo, notas que expulsan

das montañas da saia do ocaso

que verten nun horizonte de saldo.

Pra escribir unha carta

de amor de antano, necesitase

mil cores que parafraseen o longo

camiño que bate sobre o atlántico.

Os anos pasaron, pra quen xogou

a ter poder sobre os chás campos,

asemade é tempo de que levantes

as follas que escravizan o teu pasado.

Aine, de loita en loita busco o sinónimo

da paz que choran os Pobos, que por

culpa da anemia dos políticos

discorren por paraxes descontrolados.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado