confinando usos......
distingo cores humildes, feros, bastardos, fieis,
tocaovos, incendiarios, violadores, machistas,…
e podiamos seguir clasificando, a variedade existente,
que describo pra darlle o tratamento dunha vida en positivo.
o branco, representaba a neve maldita, odiada, pra algúns,……
a rendición pra outros, a blasfemas, a corrupción,… pra outros,
e a mentira ou desafogo pra mulleres do POVO…
unha forma de subsistencia…… no mundo.
o negro representa a negación, o racismo, pra moitos,
o sofrimento, o dor, (escrava das mulleres), o escravismo
prolongado no tempo…, as sombras dos batas negras
que impartían medo, e pagos por vir a vida…
o azul a cobiza, as mentiras creadoras, os soños
perdidos, o supremo ditatorial, a doutrina do dor, medo
odio, amor, …as violacións, enfermidades, o castigo divino…
imposto dende as alturas versácúlas .
o verde a morte en nome de…
as guerras en nome de…
a fame en nome de…
o sacrificio da terra en nome de…
o amarelo agochaba a ledicia
oprimida, có machismo usaba
coma pai creador dunha costela
pra que as flores nunca tiveran beleza, entre outras cousas.