congas

sabado 14 outubro 2017

A maioría de idade conséguese

cando a mente asexa un pasado

escuro que sen saber o porque

resulta que era negro sobre negro.

O futuro escrito derivaba na escoura

que co sufrimento de ser felices

outorgaba praceres pra alimentar

de desidia nosos curazóns oprimidos.

As lentas frases descritas polos

poetas adscritos as ceibes verbas

nunca deron posto a frase redonda

por non ser de todo ceibes as mentes.

O padal adscrito os sabores da

natureza que emanan da auga cás fontes

imprimen ó carácter da terra, a saude

cá vida proporciona aos vivos.

A sabedoría human chegada da

sobrenatural intelixencia artificial

pose o suficente cariño sobre o todo,

que embelece a vida da natureza cos cores.

Aine, os recordos percorren camiños

cá vida nos leva a andares distintos

porén xuntando as pisadas facemos

mundos nos que a liberdade triúnfe por se mesmo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado