constitución toureira, por cóbacos

xoves 13 decembro 2018

Estar exhausto ante unha sentenza

que se xogaba ante o seus, prestixio,

as presións exercidas  polas cloacas

que seguen abastecendo o pasado, neste presente.

Non obviar unha realidade que se escoitaba

a veces polos corredores da infamia, que abaneaban

movementos sagrados polos sobres que se repartían

entre os astutos protagonistas, sacándolles a comida ao Pobo.

Representan ou representaban unha xusta

que divulgaba enaltecemento do ego populista

pra enganar en forma de democracia, o facer entre os

seus secuaces a malversación de fondos que eran do Pobo.

Descinguían a hora de repartir propaganda enchufando

ao Pobo a gastar o que non tiña, así controlaban cada

pouco unha crises potente que arrimaba aqueles

que non era  súa “casta”, porén venderon o produto.

As animalias  que traballan no seu nome non lles

lavaron o cerebelo, senón que lles ensinaron

unha raza suprema e un deus verdadeiro  e con iso

xa poden delinquir, porque  o pecado perdonouno cunha ostia.

…. o coraçón que se atreve a desentrañar

as realidades agochadas nas cloacas, saen

a luz, despois de que as sombras destapen

o seu rostro das verbas de medo, a que sometían o Pobo.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado