dama soñadora....

martes 06 febreiro 2018

A igualdade é estar no mundo

que asimile a paridade coma un algo ou

senón coma un todo que potencie a

educación dende unha base ideolóxica do human@.

Cando a casa se fai grande

hai que empeñecela de tal forma

que non nos sintamos escravos de ninguén

senón compañeir@s dun sentido de vida parello.

Aconsellar cando se levan milleiros

de anos coa mesma historia de falarlle

ao subconcente que perda o razoamento

dun pasado e proxecte un presente – futuro novo.

Agrandar frases que se depositaron

en libros dos poetas, que enmarcaban

verdades traspostas nas melodías que

xurdían das musas que abrigaban as verbas.

Círculos abstractos que xorden das

minorías, supostamente analfabetizadas

dos Pobos, por relixións que divagaban

dun deus inexistente porén a seus ollos eran crentes.

Aine, dende que a cultura, a educación se

fixeron pudintes, as mentes intoxicadas

de loanzas despertaron do seu letargo e rexurdiu

o rapikoque das tebras agochadas nas despensas.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado