danzan2

xoves 26 marzo 2020

Eu che deixo levar

a man a miña cintura

Ti me deixas mirar

os ollos que non minten.

O ar limpa os cabelos

bailando unha perna

a dereita, e outra a

esquerda, pra non embouzar.

Un café me apremia

silencio dos ollos que

bailan salsa, entre

soños despertos do día.

Un ar novo alumea

cun té o desorde

con orden dos sentimentos

que afloran a saltar da cama.

Ledicia….. o Rapikoquevirus

de soños espallados polo mundo

dos artista invaden de creacións

vosos contidos entre bambolinas…..






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado