decantando a vida

domingo 03 decembro 2017

A necidade do home cando é

pra dar axudas os Pobres non

dignifican a súa mente coa solidariedade,

logo teñen medo cando van polas rúas.

Incluír as sociedades que se atopan

nos “baixos fondos” por desidia do capitalismo,

cós exclúe dunha vida decente,

seria abrir as mentes pra un futuro emerxente.

Os dereitos que calquer traballador/a obtivo

na súa vida, pra unha comunidade que lles

deu de comer as súas familias, debería obter

por parte do estado o premio dunha xubilación digna.

Din có traballo dignifica, sempre que estes

en activo e produzas, non obstante cando atópaste

no paro, provocado por crises capitalistas

entón os estados non queren saber nada da túa vida.

O sistema educativo que baila solitarios

pases entre gobernos distintos, non están

a buscar a infancia do neno que serva ao seu mundo,

buscan o deterioro na mente pra dominalos sen que pensen.

Aine, o defender cós Pobos avancen

entre os destinos das súas persoas, enraíza

a liberdade das comunidades que ven nos gobernos

a defensa das necesidades que propoñen os Pobos ceibes.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado