destornillador....

xoves 02 agosto 2018

O machismo impregnou de

barbaridades ao mundo das mulleres

anulándoas de tal forma có medo

era unha defensa dentro dunha defensa.

A singularidade destrutora do machismo

encuberto en boas verbas que agochaban

no seu interior toda a realidade que

despois expresaba na intimidade.

A solvencia da súa cultura, era unha

incultura creada dende a infamia onde

os roles impostos dende enriba,amolaban

ao estatus feminino, a deshonra da muller coma persoa.

Escritos pasados o corroboran

desprazando a muller, onde o inxenio do poder

desmembraba todo tipo de alzamento feminino.

Buscar os recordos no sistema mental

de cada un, é atopar a razón de quen

fala entre as tebras da escuridade

e saber defenderse de posicións antagónicas.

…. perder todo medo, en todo intre

que asoballan a mente human, trocando

formas estúpidas e estruturas anormais

que enganchaban ao cerebelo a cometer atrocidades.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado