desvirgando a dignidade e a lealtade.....

domingo 19 xullo 2020

A dignidade é o que reclamas dos demais cara un, o un cara os demais, ven sexa dun goberno, un amig@, ou familia, incluso cara os animais, ou o coidado do planeta, dentro de cada cal, o que poda aportar, porén sempre dentro dun gran respecto cara tod@s,

Lealdade  é obedecer a alguén pra aproveitarse das persoas pra beneficio propio, ben sexa dun goberno, empresa, partido, etc…

a lealdade entendida en positivo, pode ter un significado positivo de respecto a tod@s, e dicir si traballas pra un goberno, empresa, etc… debes manter esa lealdade, porén sempre en positivo, xa que si digamos esa lealdade é pra facer dano ao POBO, ou calquer outra cousa, xa non estamos falando dunha lealdade positiva, senón dunha lealdade negativa, digamos que é o que hasta agora exercíase, quenes eran leais os que no seu cerebelo non tiñan nada que dicir mais có que lle mandaban que fixeran, non podía pensar por si mesmo,

estaban zombis, e éralles igual “foder” un familiar, un amig@, ou calquer cousa con tal de que obedeceran o que lle pedían as consecuencias il nunca as ia ver, entre almofada podía “pensar que animalada” o que acabo de facer.

Digamos que ata hoxe un leal era unha persoa sen valores concibidos, sen sentimentos, que incluso mentía e mentía con tal de defender un proxecto o cal “sabía” que era mentira, porén era o que lle pedían, e tiña que cumprilo, por que senón xa sabía o que lle quedaba…

Nas guerras os historiadores, periodistas… contan o que ven ou o que oen porén a hora de narrar certas cousas fano baixo a batuta do xefe da orde, e si esta contando algo que non lle interesa, esa persoa queda desahuciada, fora do terreo de xogo, chegándose incluso a dicir hipocritamente “fogo amigo”.

De pequenos ensináronnos cá lealdade só as viamos nas historias contadas dos nosos antepasados nas batallas dos heroes,…que por certo sempre eran homes… ¿será cás mulleres non eran leais?..... ou só as usaban pra que as violaran…..coma divertimento das tropas…..

unha copa por aquí, outra copa por ala, e así matábanse a conta da lealdade…..mentres dende a cama dirixíanos…..

Podíamos estendernos mais porén eu non son leal a esta negatividade que nos queren facer ver algúns medios de comunicación (dirixidos…) cando iles dende a súa poltrona nos queren levar a un canellón sen saída, mentres iles engrosan billetes e billetes “falsos” pra seu “bolso” ,

de pequenos ensináronnos o que era unha lealdade cara un ditador…, porén non nos ensinaron o que é a dignidade o respecto, cara a xente humilde, xente necesitada….. vendíanos que era a vida entre comiñas(así é a vida), porén baixo o seu paraugas, non o da realidade, mirabamos a outras persoas que non eran do noso entorno coma bichos raros e ninguén dicía nada, porén si ti os defendías ti ias fora do sistema, eras espírito de contradición, …..    ( exemplos eran moitos…..), ou si te poñías do lado feminista xa eras unha muller, un todo fundamentado na mentira, onde os homes nos iamos facendo ideas confusas, segundo ías crecendo, ensinábanche o que era votar un “polvo (follar)”, pra distinguilo do que lle chamaban o “amor”, levándote as prostitutas, e ese era o primeiro contacto que tiñas do que era unha muller, ensinábanche a beber, porque como dicía un anuncio era cousas de homes, esta é a lealdade que nos ensinaban, pra despois dicirnos que isto é a felicidade entendida por iles, ensinábannos a odiar o alleo chámese negros, xitanos….. por que non era da nosa sociedade, eran proscritos, razas inferiores, ensinábannos o maltrato animal…..e nos coma plebeos eramos leais a seus dogmas.

Por iso agora atópanse que nin iles mesmos saben o que a dignidade entendida coma un respecto a un todo.Viviron sempre nese estatus e non saben outra cousa que pensar en negativo (conclusións pra un domingo de xullo)






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado